top of page

O BNG organiza en Arzúa un acto para poñer en valor o traballo do Bloque nas Cortes do Estado

hace 10 minutos
1 min de lectura

Terá lugar o vindeiro venres 23 de outubro na Casa de Correos e contará coa presenza de Néstor Rego, deputado do BNG no Congreso nas dúas últimas lexislaturas


Ecos da Comarca/Arzúa

O BNG organiza en Arzúa un acto público aberto este vindeiro venres 23 de outubro ás 20:00 horas no marco da campaña “Co BNG Galiza gaña” que a organización nacionalista vén desenvolvendo co fin de poñer en valor o traballo desenvolvido nas Cortes do Estado. No acto participarán Lucas Quintas, responsable comarcal de Galiza Nova; Iria Carreira, deputada no Parlamento galego; e Néstor Rego, deputado nacionalista no Congreso nas dúas últimas lexislaturas.

A través deste acto, a organización nacionalista traslada como "a representación soberana do BNG nas Cortes do Estado ten servido para comprometer avances concretos para o noso País e para as clases populares".

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

O BNG manifesta que "o avance de Galiza está condicionado á presenza do nacionalismo nas Cortes, fronte á actuación de forzas estatais que se subordinan aos seus propios intereses partidistas e pon en valor os tres eixos claros que guiaron a acción política en Madrid: defensa firme do dos intereses de Galiza, compromiso coa soberanía dos pobos e aposta por políticas sociais avanzadas".

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Neste senso, o BNG convida a toda a veciñanza a participar deste acto, para coñecer de primeira man cal foi o traballo levado a cabo e os logros obtidos durante estes anos.r

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page