top of page

O Pino aproba as tarifas do abastecemento de auga, rede de sumidoiros e saneamento

Establécese unha cota fixa mensual e unha tarifa por subministración e saneamento en función do consumo, e outra por conservación do contador


Ecos da Comarca/O Pino

O Pleno da Corporación do Pino aprobou en pleno extraordinario as tarifas para o abastecemento de auga potable, rede de sumidoiros e saneamento daqueles fogares, negocios e industrias que están conectados á traída de auga municipal nas parroquias de Arca, Castrofeito e Cebreiro. Son uns 671 abonados de uso doméstico e outros 120 de uso non doméstico.


As tarifas aprobadas o luns aplicaranse a partir do 1 de xaneiro de 2026 e contemplan unha tarifa fixa e outra polos metros cúbicos consumidos, tanto para a subministración coma para o saneamento e sumidoiros. A proposta foi aprobada cos votos a favor do equipo de goberno do PP e do BNG e a abstención do PSdeG. A ordenanza publicarase do BOP e estará a exposición pública durante 30 días naturais.

ree

A ordenanza reguladora da prestación patrimonial de carácter público non tributario

correspondente ao servizo de subministración de auga potable, sumidoiros e saneamento

contempla tarifas diferencias para os abonados domésticos e non domésticos. As tarifas

abonaranse trimestralmente.


No caso dos fogares establécese unha cota fixa mensual de 6 euros, e unha variable en

función do consumo de 0,20 €/metro cúbico (para consumos de ata 6 m3/mes), de 0,40 €

(de entre 7 e 15 m3/mes) e 0,80 € (máis de 15 m3/mes). Para abonados non domésticos

(oficinas, negocios, industrias) a ordenanza establece unha cota mensual de 12 euros e

unha variable de 0,40 €, 0,80 € e 1 euros para os mesmos tramos de consumo.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

A conservación do contador terá unha cota de 1,50 €/mes para abonados domésticos e de

12,50 €/mes para non domésticos.


A tarifa de sumidoiros e saneamento aplicarase tamén en función do consumo de auga. A

tarifa doméstica contempla un fixo mensual de 11 euros, e variable de 0,50 €, 0,70 € e

0,95 euros en función do consumo. Para abonados non domésticos os prezo son de 22 euros mensuais fixos e variables de 0,70, 0,95 e 1,30 euros para os tres tramos de consumo establecidos.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page