top of page

O Pino abre o prazo de inscrición para o programa de conciliación Lecer Semana Santa

O programa está dirixido a menores de entre 3 e 12 anos e desenvolverase os días 30 e 31 de marzo e 1 e 6 de abril


Laura Moure/O Pino

O Concello do Pino abre o prazo de inscrición para a actividade Lecer Semana Santa 2026, unha iniciativa incluída no programa municipal de conciliación que ten como obxectivo facilitar ás familias do municipio a compatibilidade da vida laboral e familiar

durante o período de vacacións escolares.

O programa está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos e desenvolverase os días 30 e 31 de marzo e 1 e 6 de abril de 2026, coincidindo co calendario escolar de Semana Santa. As actividades levaranse a cabo nas instalacións do Pavillón Municipal e nos exteriores do CPI Camiño de Santiago, en Arca (O Pedrouzo). O horario será de 8.00 a 15.00 horas, establecéndose a recollida dos participantes entre as 13.30 e as 15.00 horas.


O prezo da actividade será de 15 euros polos catro días de servizo. As familias numerosas

contarán cun desconto do 20 % a partir do segundo fillo, e as familias monoparentais tamén terán un desconto do 20 %, presentando a documentación acreditativa correspondente.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

As inscricións poderán realizarse ata o 26 de marzo mediante a ficha dispoñible nas dependencias municipais, en horario de 9:00 a 14:00 horas, ou descargándoa na web

municipal www.opino.gal. A solicitude deberá presentarse xunto co xustificante de

pagamento antes da data límite establecida. A listaxe de persoas admitidas publicarase no

taboleiro de edictos e na páxina web municipal.


O programa conta con 50 prazas e, no caso de que o número de solicitudes supere a oferta, estableceranse criterios de prioridade. Terán preferencia os menores empadroados no Concello do Pino cunha antigüidade mínima de tres meses, así como aqueles cuxos

proxenitores estean en situación laboral activa ou en busca de emprego ou formación.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

Taménse terá en conta a escolarización en centros educativos do municipio, o nivel de renda familiar e outras circunstancias sociais como familias monoparentais, vítimas de violencia de xénero, persoas con discapacidade ou situacións de risco de exclusión social, entre outros supostos.


Esta iniciativa forma parte das accións que desenvolve o Concello do Pino para favorecer a

conciliación familiar e laboral, ofrecendo alternativas de ocio educativo para a infancia durante os períodos non lectivos.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page