top of page

O Pino abre a inscrición dunha nova edición de ‘Viaxando coa cativada’ para favorecer a conciliación

As solicitudes poden presentarse ata o 3 de xullo e as actividades desenvolveranse todos os mércores do verán

Laura Moure/O Pino

O Concello do Pino pon en marcha unha nova edición de Viaxando coa cativada, unha iniciativa dirixida a facilitar a conciliación das familias durante as vacacións escolares ao tempo que ofrece á rapazada actividades de lecer educativo fóra do municipio.


O programa está destinado a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos e desenvolverase ao longo dos meses de xullo e agosto mediante oito saídas programadas os mércores. As propostas inclúen actividades de aventura, visitas a espazos naturais, xornadas recreativas e deportivas na praia e experiencias relacionadas coa divulgación científica.

Cada unha das excursións contará cun máximo de 50 participantes e será necesario un mínimo de dez inscricións para a súa realización. Co obxectivo de que o maior número posible de menores poida beneficiarse da iniciativa, cada participante poderá asistir unha

única vez a cada destino, indicando as súas preferencias no momento da inscrición. Só poderán repetir destino excepcionalmente se quedan prazas libres.


Terán prioridade as crianzas que participen nalgunha das quendas da Escola de Verán ou

noutros programas municipais de conciliación desenvolvidos durante este ano, así como as persoas empadroadas no Concello do Pino.


As saídas realizaranse os días 8, 15, 22 e 29 de xullo e os días 5, 12, 19 e 26 de agosto. En

todos os casos, a concentración será ás 10.00 horas diante do CPI Camiño de Santiago,

desde onde partirán os grupos participantes.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

A actividade é totalmente gratuíta. As familias interesadas poden presentar a súa solicitude ata o 3 de xullo empregando o formulario dispoñible na web municipal ou

recolléndoo nas oficinas do Concello, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!

Viaxando coa cativada fai parte das accións impulsadas polo Concello do Pino para apoiar as familias durante os períodos non lectivos e ofrecer alternativas de ocio educativo á infancia.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page