top of page

O piloto palense Luis Vilariño e David Míguez quedaron segundos no 40º Rali de Noia

Ecos da Comarca/Palas de Rei

Luis Vilariño deu un golpe de autoridade no 40º Rali Noia ao conseguir a segunda posición absoluta. Tras o podio logrado na cita inaugural, o piloto palense volveu a demostrar a súa competitividade aos mandos do Skoda Fabia R5 Evo, logrando a segunda posición nunha das probas máis emblemáticas e esixentes do calendario galego. Neste rali quedou primeiro o binomio formado por Daniel Berdomás – Brais Mirón e terceiro, José Lamela – Unai Conde.

Con este resultado, Vilariño métese de cheo na batalla polo certame autonómico. Con todo, o equipo mantén os pés no chan. A cita noiesa puxo de manifesto o altísimo ritmo imposto polos principais rivais, o que obriga a manter unha estratexia baseada na intelixencia e a regularidade.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

A clave do éxito en Noia foi rodar constantemente preto da cabeza, minimizando erros e maximizando o rendemento da montura checa nuns tramos que non daban tregua. "Estamos moi contentos con esta segunda posición. Sumar dous podios consecutivos neste arranque de ano é un resultado magnífico que nos coloca nunha posición privilexiada na táboa. No entanto, debemos manter a calma; o ritmo dos nosos rivais directos é altísimo e esíxenos ir ao límite en cada quilómetro. O noso obxectivo segue sendo o mesmo: ser regulares, non cometer fallos e estar sempre á espreita dos postos de cabeza para aproveitar as nosas oportunidades. Este podio é unha inxección de moral para todo o equipo e para os patrocinadores que nos acompañan", salienta o piloto de Palas de Rei.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

A regularidade está a ser a gran aliada de Luis Vilariño neste inicio de 2026, logrando un refacho de resultados que o confirman como un dos nomes para bater no Campionato Galego de Ralis. Cabe mencionar que quedou terceiro no Rali do Cocido de Lalín.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page