O persoal do SAF de Silleda recibirá formación sobre o coidado de persoas con deterioro cognitivo
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda continúa a avanzar na mellora do Servizo de Axuda no Fogar coa organización dunha nova acción formativa dirixida ás traballadoras deste servizo municipal. A formación desenvolverase esta semana, o martes e o mércores, en horario de 16:30 a 18:30 horas, (faránse dous grupos) e será impartida por persoal de Afap, a Asociación de Familiares de PErsoas con Alhéimer da Provincia de Pontevedra.

O curso estará centrado no coidado e atención a persoas con deterioro cognitivo, co obxectivo de facilitar novas ferramentas e coñecementos prácticos ás profesionais que desenvolven o seu labor no ámbito da atención domiciliaria.
PUBLICIDADE
Esta iniciativa forma parte da estratexia do goberno municipal para reforzar a formación continua do persoal do Servizo de Axuda no Fogar e seguir mellorando a calidade dunha prestación esencial para moitas familias do municipio, e enmárcase tamén no convenio que o Concello de Silleda ten con Afapo, e que inclue ademais a celebración de obradoitos de terapia cognitiva durante todo o ano.
PUBLICIDADE
Dende o Concello, a concelleira de Benestar, Ángela Troitiño, salientan a importancia de seguir apostando pola capacitación das traballadoras, especialmente nun servizo que require unha atención cada vez máis especializada, próxima e adaptada ás necesidades das persoas usuarias.









Comentarios