O pequeno Marc busca ao seu boneco perdido en Silleda
- Laura Moure

- 5 oct 2022
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/Silleda

Este bonito boneco está á espera de volver a reencontrarse co seu dono, o pequeno Marc. Este peluche foi perdido este luns pola tarde en Silleda.
"É branco e nun dos braciños ten o nome de "Marc". Ten moitisimo valor sentimental xa que é do meu fillo e tenlle moito cariño. Agradécese difusion e oxalá o atopemos", indica a nai do cativo a través das redes sociais.
Se alguén sabe algo pode contactar con ECOS DA COMARCA a través do correo ecosdacomarca@gmail.com Agradécese calquera pista xa que o pequeno, segundo conta súa nai, teñe moito cariño e pregunta por el.







Comentarios