top of page

"O pedagogo encárgase da educación en xeral nos ámbitos educativos, sociais e laborais"

"É unha profesión transversal que nada ten que ver ca psicoloxía que é máis enfocada

a ciencias da saúde. Ademais, confúndenos con profesionais coma o podólogo ou o logopeda"

Sheila Ínsua.

ENTREVISTÁ Á PEDAGOGA AGOLADESA SHEILA ÍNSUA JOSENGE


Laura Moure/Agolada

A pedagoxía é unha profesión bastante descoñecida que se adoita confundir con outras. Hoxe conversamos coa agoladesa Sheila Ínsua que se graduo recentemente e desvelaranos moitas incógnitas.

1.Cal é a labor dun pedagogo?

Para respostar esta pregunta vou aclarar que o pedagogo é o profesional que se encarga da educación en xeral nos ámbitos educativos, sociais e laborais. Isto que quere dicir, pois que somos os que analizamos, investigamos, intervimos e diagnosticamos na educación e nas Necesidades Educativas Especiais (NEE). Isto non o dicimos nós, estas son as nosas competencias segundo o BOE do 14 de febrero de 1996 e as que saen no libro branco da pedagoxía que recolle a ANECA. Cando falamos de educación, inclúo a reeducación, por exemplo en centros de menores, prisións, etc.... non só a nivel académico senón tamén, a nivel cognitivo e de conduta. Isto quere dicir, sin tantos tecnicismos, que investigamos todo o relacionado ca educación, política, relación, intervención etc, pero ademais, nos distintos ámbitos atopámonos:

No educativo: somos os profesionais que deberían estar nos departamentos de orientación, pola nosa formación e relación ca educación, porque podemos analizar e ver que fai o alumnado, o porqué e como atallalo, e para iso, temos competencias para pasar test psicométricos como de intelixencia, dislexia, discalculia, disgrafía... e tras os resultados, tratar estas dificultades de aprendizaxe a través da intervención adaptando, non o temario, que tamén, senón a forma de examinar, axudar a correxir estas dificultades e axudar ao profesorado a aplicalas e saber como levar a cabo as acción adecuadas en cada alumno/a. Ademais, somos quen de dar apoio ás familias, rapaces e rapazas e profesorado.

No social por exemplo, como dixen anteriormente atallamos problemas de reeducación condutual, asesoramento a familias, centros de menores, residencias xeriátricas nas que intentamos ralentizar o deterioro cognitivo desde actividades específicas, de feito, estase solicitando dende o Consello Xeral de Colexios Oficiais de pedagogos e psicopedagogos a creación, en servicios sociais dun equipo interdisciplinar no que estén representados e con labor traballadores socias, educadores sociais e pedagogos, nalgún caso psicólogos tamén.

No ámbito laboral exercemos como orientadores laborais, formadores de formaores,

formadores en empresas e incluso no departamento de Recursos humanos. Como ves, é unha profesión transversal que nada ten que ver ca psicoloxía que é máis enfocada

a ciencias da saúde, a nosa é social e enfocada á educación.


2. Por que hai tanto descoñecemento da profesión?

Pois a pesar de que é unha profesión moi antiga, remontámonos ao filósofo- pedagogo

Sócrates, foise ensalzando máis a labor da profesión da psicoloxía, que como dixen antes, dista moito da pedagoxía, e foise enfocando cara ao maestro e sacando aos pedagogos das escolas para meter máis psicólogos. Por eso, a partires de agora veredes máis movemento porque imos facer moito ruído para que a xente saiba a onde acudir no caso de dificultades académicas e/ou de aprendizaxe. E para isto están os pedagogos e psicopedagogos. Pero ollo! Recén falado co Consello e os colexios, facer un máster en psicopedagoxía non te habilita nin te converte en psicopedagogo, é formación a maiores ou especialización, para iso deber de ser pedagogo ou licenciado en psicopedagoxía, grado que actualmente xa non existe. O único máster habilitante en educación, segundo o Ministerio, é o máster en secundaria, necesario para dar clase en secundaria e/ ou opositar para orientación nun instituto público. Quere dicir isto que se son mestre ou mestra e fago o máster en psicopedagoxía xa podo exercer como psicopedagogo/a? Non, iso sería intrusismo e penado ata con dous anos de prisión. Coidado!


3. Considera que hai intrusismo nela?

Por suposto, polo que dicía antes, hai moitas profesións no ámbito educativo, pero só os

pedagogos e psicopedagogos poden facer diagnósticos e intervención educativas dentro deste campo, aínda que a xente segue acudindo aos psicólogos, que aínda que teñen a formación, o seu campo de actuación é o ámbito da saúde. Eu non me poñería a tratar depresións, trastornos de personalidade nin nada do que implica á saúde. Aínda así, os pedagogos e psicólogos debíamos traballar man a man de xeito complementario. Pero repito, non polo feito de ter un Máster en psicopedagoxía te convertes en psicopedagogo.

Iso foi unha licenciatura de anos que non se pode facer en un ou dous anos. Podes ser o profesional no que te graduaches, pero con mención ou formación en psicopedagoxía. Recalco isto porque é importante, non é o mesmo un ano de máster ca unha carreira, polo que a formación e competencias son moi diferentes.


4. Con que outos profesionais vos confunden?

É simpático que mo preguntes, porque nos confunden con profesionais coma o podólogo ou o logopeda, co logopeda temos máis en común, pero co podólogo absolutamente nada.


5. Cales son as diferenzas entre a pedagoxía e a psicoloxía educativa?

Un pedagogo é aquel profesional que se especializou catro anos de carreira na ciencia da educación, o diagnóstico e o tratamento en educación especial e educación en xeral,

comprendendo os procesos mentais relacionados ca educación e os seus problemas. O

psicólogo educativo, sen embargo, non ten formación pedagóxica, só ten formación

diagnóstica. Mentres que un pedagogo pode tratar dende a prevención e a intervención, o

psicólogo educativo só evalúa os feitos unha vez detectados.


6. Que reivindicades dende o voso gremio?

A visibilidade e a volta das nosas competencias. Que a xente acuda aos profesionais axeitados segundo as súas necesidades e diferenciando cando é a nivel educativo ou de saúde. Tamén reclamamos o noso espazo na actividade pública, non ten xeito que sendo pedagogos, os que realizan a tarefa de pedagoxía terapéutica sexan os mestres e nós non poidamos nin optar a ilo, entre otras cousas, como que nos centros educativos públicos, a maiores do psicólogo que está a facer a labor do pedagogo, se nos poña nos postos que nos corresponde, e que aínda así, a figura do psicólogo no centro educativo segue a ser moi importante. Tamén que se respecten os ratios de alumnado orientador que marcan os organismos internacionais, etc... Pero sobre todo, reivindicar a nosa fermosa profesión, esa na que estudamos para facilitar a educación a todo o mundo, adaptando e atallando as dificultades de aprendizaxe. Se hai problemas educativos ou de dificultades de aprendizaxe, busca a un pedagogo ou psicopedagogo con carreira e titulado, será quen mellor poida axudarche.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page