top of page

O patrimonio que a mina elimina: o Camiño Real do Vinte por Touro

A Asociación ambiental e cultural Plataforma Mina Touro - O Pino NON lamenta que non se teña en conta a existencia deste vial


Ecos da Comarca/Touro

A Asociación ambiental e cultural Plataforma Mina Touro - O Pino NON asegura que "o proxecto Cobre San Rafael elimina o “CAMIÑO REAL DO VINTE”  que vai de Arinteiro, na parroquia de Loxo, en Touro á Carballeira de San Sadurniño, lugar de celebración da Feira do vinte todos os meses, na parroquia de Cebreiro xa do Concello de O Pino".

Explica o colectivo, que o “Camiño Real”, tamén coñecido como “Camiño Real da feira do 20” é unha das duas únicas vías tradicionais de acceso a Feira Do 20, no lugar do mesmo nome na Carballeira de San Sadurniño, concello de O Pino, que se conservan e se usan a día de hoxe, "a pesar de que nos documentos do proxecto mineiro tanto o denegado en 2020 como o actual que está en estudo, manifesten incluso en algún apartado que non existe, e noutros indican que si existe sendo un camiño vinculado a labores mineiras, a pesar de recoñecer noutros apartados que é un camiño ligado ao Camiño Real onde xa aparece en documentos de 1942 catalogado co código TCAH-1/PCAH-1".

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Sobre este aspecto dende a Plataforma Mina Touro O Pino Non, "debemos aclarar que este

camiño non desapareceu nin a feira tampouco, unicamente cambiou o trazado pola actividade da mina nos anos 70-80 do século pasado. Trátase dunha vía non pavimentada e histórica que une directamente Loxo con Cebreiro e cunha distancia de uns 2 km, sendo a alternativa a outra que sería de máis de 7 Km para comunicar as duas poboacións. Está ligado á celebración da tradicional feira, que aínda hoxe se celebra, da Carballeira de San Sadurniño, e que antes da mina de finais dos anos 70 era un lugar máis concurrido onde se facian as transacións económicas propias dunha feira tradicional, ademais de ser lugar de descanso e paso de peregrinos que facían o Camiño pola variante do Camiño Histórico, o coñecido como ruta de Quión- San Sadurniño- Arca".

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Por estes motivos, o colectivo salienta que o Camiño do Vinte é un elemento patrimonial catalogado e protexido, e que non pode entenderse sen o Camiño Real que lle dá acceso desde o Sur. "Son moitas as escrituras antiguas que se conservan de terras lindeiras con este Camiño, que recollen entre os seus límites o Camiño Real, camiño do que facían e fan uso del a veciñanza, sobre todo os que teñen propiedades entre estas localidades. Este camiño está documentado dentro dos camiños de roda e reais que a partir do século XVI serviron para crear relacións entre os núcleos, previo ao trazado das estradas a partir da

segunda metade do século XVIII".

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Ademais, indica que nun "unforme dos Servizos Urbanísticos Municipais do Concello de Touro, asinado a 24 de outubro de 2017 dentro das alegacións ao proxecto de reapertura da mina de 2017 da mesma mercantil, do que non difiere o actual, no informe do arquitecto técnico municipal, na súa páxina 5 expresaba literalmente: “É preciso sinalar tamén que a actividade mineira provocará que se vexa afectada e ocupada a rede de estradas. pistas e camiños municipais, o que conleva grandes prexuízos para os veciños das parroquias afectadas, non constando na documentación o trazado de vías alternativas que permita manter as características actuais dos accesos rodados. Debe tamén notarse que se levará a cabo a destrución dun camiño coñecido como “Camiño da Feira do vinte” que partindo do concello de O Pino chega ata a provincia de Pontevedra (por medio da “Ponte Basebe”), e que presta un servizo necesario e de difícil substitución no que a o seu

trazado se retire.”




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page