top of page

O patrimonio que a mina de Touro eliminaría vinculado ao Camiño Francés

A Asociación ambiental e cultural Plataforma Mina Touro - O Pino NON fala da eliminación do Camiño Do 20 de O Pedrouzo no concello de O Pino


Ecos da Comarca/Touro

A Asociación ambiental e cultural Plataforma Mina Touro - O Pino NON lamenta o patrimonio vinculado ao Camiño Francés que quedaría eliminado polo proxecto da mina de Touro. "Son moitos os elementos que se eliminarían nos concellos de Touro e O Pino coa posta en marcha dunha mina a ceu aberto, entre eles elementos do patrimonio cultural que parecen non terse en conta nin valorarse convenientemente. Por este motivo dentro das alegacións que presentamos ao proxecto unha parte ten que ver con este aspecto. Neste caso falamos do o patrimonio que a mina de Touro eliminaría vinculado ao Camiño Francés", especifica a asociación. En concreto, fala da eliminación do Camiño Do 20 de O Pedrouzo no concello de O Pino. Ademais, reclama o recoñecemento do Camiño Histórico de Rosas-Loxas-San Sadurniño xa citado na Carta Xeométrica de Galicia, elaborada en 1834 por Domingo Fontán, "que designa claramente o tramo aportándolle a etiqueta de camiño provincial, situándoo no mesmo plano que o Camiño Francés".


Explica que o “Camiño do 20”, no concello de O Pino, tamén coñecido como “Camiño da feira do 20” sae da zona da igrexa da Parroquia de Santa Eulalia de Arca, ó sur do Pedrouzo. É unha das duas únicas vías tradicionais de acceso a Feira Do 20, no lugar do mesmo nome na Carballeira de San Sadurniño en Cebreiro, que se conservan e se usan a día de hoxe. Trátase dunha vía non pavimentada e histórica que une directamente O Pedrouzo con Cebreiro ligado á celebración da tradicional feira da que facían uso ademáis da veciñanza de O Pedrouzo, a xente que viña de Amenal, O Pazo, Castrofeito e Lavacolla. Ademais, sinala que esta vía une aquí o seu trazado ó Camiño Real que unía Pontevedra con Sobrado dos Monxes e tamén era paso do Camiño Histórico Camino de Rosas-Loxas-San Sadurniño que seguía por aquí ata chegar á Igrexa de Santa Eulalia de Arca, mencionado por ICOMOS no seu informe do proxecto da mina denegado en 2020 e que agora volve a presentarse nos mesmos termos.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

“El Concello de O Pino presenta la “Ruta do Picón” que discurre por la parroquia de Arca, poniendo en valor hermosos lugares de interés cultural y gran belleza paisajística. Esta ruta pretende ser un agradable recorrido por los lugares más emblemáticos de esta parroquia de O Pino, creando una senda que pasa por el contorno de uno de los pazos más importantes del municipio, el Pazo de O Picón que da nombre a esta senda, además de conducir al senderista por el núcleo histórico de A Rúa y los Molinos de Astrar. Este sendero atraviesa magníficos parajes naturales como los son los espacios forestales del propio Pazo Picón, el robledal de Santa Cristina o el señalizador geodésico de Arca, conocido popularmente como “O Marco”.


A Plataforma subliña que nos documentos do proxecto mineiro de Touro, sobre este camiño fai unha mezcla deste que enlaza co Camiño Histórico, variante do Camiño Francés por Quión, nun intento de confundir e quitar valor, referíndose nestes termos: “Un camino paralelo al de Santiago que discurría por el interior procedente de Arzúa, transitaba entre Quión y Arca pasando por Feira do Vinte” e máis adiante “Entre Santaia de Arca (O Pino) y San Fiz de Quión (Touro) existe un camino recogido en la cartografía de Domingo Fontán de 1845. Su presencia indica la importancia comarcal de la vía, por lo cual ha sido catalogada ya que se considera un bien cultural del tipo “vía cultural” (de acuerdo con el artículo 10 LPCG) con código de identificación PCAH-1 para O

Pino y TCAH-2 para Touro”, sen que se chegue a recoñecer que se trata realmente do Camiño Histórico ao que fai referencia ICOMOS 2 corredor actual do tramo Arzúa-Quión-Arca, unha vía de paso secundaria ou alternativa, empregada por moitos peregrinos que accedían dende zonas de Arzúa, Deza, Ulla ou O Ribeiro", sinala a plataforma.

A nivel cartográfico, explica a plataforma: "Contamos con evidencias deste Camiño no século XIX, na recoñecida Carta Xeométrica de Galicia, elaborada en 1834 por Domingo Fontán, primeiro mapa elaborado de xeito científico de Galicia, no que enmarca e designa claramente este tramo, aportándolle a etiqueta de camiño provincial, situándoo no mesmo plano que o Camiño Francés, que constitúe efectivamente un itinerario histórico con plena coherencia interna e relevancia no contexto do Camiño de Santiago. A converxencia de múltiples fontes documentais, cartográficas, toponímicas e etnográficas permite artellar argumentos sólidos e rigorosos para reivindicar este vieiro tradicional como parte integrante da rede xacobea. Según a Lei 5/2016, del patrimonio cultural de Galicia, poden ser recoñecidas como Camiño de Santiago “aquelas rutas das que se documente e xustifique convenientemente a sua historicidade como rutas de peregrinación a Santiago de Compostela e a sua influencia na formalización da estructura do territorio polo que transcurren” (artigo 73.3). A pesar de que estas circunstancias se cumpren no camiño citado, ramal histórico e documentado do trazado principal do Camiño francés, oficialmente solo se ten recoñecida como vía cultural catalogada".

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

E recalca que no seu día, o ramal histórico que unía Arzúa e Amenal pasando por Quión e Arca non foi incluído na “Delimitación do roteiro principal do Camiño de Santiago, Camiño francés, desde a entrada no municipio de Pedrafita do Cebreiro ata o límite do termo municipal do Pino”, aprobada por Decreto 227/2011, do 2 de decembro.


"Por contra, si o foron, en diversos tramos, outros camiños históricos dos cales os máis evidentes son os ramais situados nos termos municipais de Samos e Sarria. Nestes ramais a contorna de protección e a zona de amortiguamiento do camiño principal compleméntase ao unirse coas zonas de protección do ramal, ofrecendo unha protección espacial e ambiental do Camiño correcta. Este feito ponse en evidencia no Camiño histórico de Quión a Arca, onde a zona de amortiguamiento do roteiro principal do Camiño de Santiago sitúase a poucos metros do ramal, quedando éste únicamente protexido por unha contorna de trinta metros, de xeito evidente insuficiente".

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Dende a Plataforma Mina Touro O Pino Non e a Asociación Tralapena sinalan que de adoptarse a solución dos ramais de Samos e Sarria, ou terse resolvido mediante unha zona de amortiguamiento ampla que cubrise o Camiño histórico e a ladeira da montaña, protexeríanse adecuadamente os valores culturais do ben en relación coa súa implantación no territorio, así como a autenticidade e a integridade do Camiño principal.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page