O Concello de Touro aposta pola posta en valor do xacemento do Castrillón
- ecosdacomarca

- hace 43 minutos
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Touro
O Concello de Touro vén de elaborar un proxecto integral, co que concorre a unha subvención da Deputación, para poñer en valor o Xacemento do Castrillón, un enclave arqueolóxico de grande importancia para a historia deste municipio, tal e como resalta o propio ente local.

Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

O proxecto inclúe:
Novas intervencións arqueolóxicas
A creación dun sendeiro de acceso
Un miradoiro 360º para gozar da contorna
A eliminación de especies invasoras
Paneis informativos en varios idiomas
Publicidade
Sinalización dende a estrada principal, pola que discorre a Eurovelo 3 – Ruta dos Peregrinos
A creación dun apartado específico na web de turismo municipal, dedicado a este importante xacemento
Publicidade
"Esta iniciativa enmárcase nunha aposta decidida do novo goberno municipal pola recuperación, conservación e divulgación do noso patrimonio histórico e cultural. Lembramos que o novo goberno municipal xa aprobou o proxecto para a primeira intervención arqueolóxica no veciño Coto de San Sebastián, que permitirá afondar na historia que se agocha detrás doutro enclave clave do noso municipio. Coñecer o pasado é tamén construír futuro", resalta o Concello.








Comentarios