top of page

O Parque de Bombeiros de Arzúa continuará cerrado hoxe, martes 26, por segundo día consecutivo

É a cuarta xornada sen servizo dos últimos seis días


Ecos da Comarca/Arzúa

Fonte: Bombeiros de Arzúa.

O Parque de Bombeiros de Arzúa continuará cerrado hoxe, martes 26 de decembro, por segundo día consecutivo, sendo a cuarta xornada sen servizo dos últimos seis días.


Publicidade

Ademais é o 11° día de inactividade por falta de efectivos no que vai de ano. Estamos a falar de algo gravísimo, xa que os Bombeiros de Arzúa atenden as emerxencias dos concellos de Arzúa, Boimorto, O Pino, Touro, Melide, Santiso, Toques, Sobrado dos Monxes e Vilasantar.


Publicidade

"Hoxe día 26 de decembro, atravesar a zona central da Provincia da Coruña e parte do Barbanza será cómo enfrontarse a un xogo de azar. Estase tentando demasiado a sorte. Os datos aquí amosados non son unha broma", sinalan os bombeiros. Toda esta xente e todo este territorio, hoxe está sen:


Área de actividade #ParqueBombeirosOrdes : 754 Km².

Población: 38.454 habitantes.

Municipios de actuación: Abegondo, Carral, Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo.


Área de actividade Bombeiros Arzúa : 851 Km².

Población: 33.367 habitantes.

Municipios de actuación: Arzúa, Boimorto, Melide,O Pino, Santiso, Sobrado dos Monxes, Toques, Touro e Vilasantar.


Área de actividade Bombeiros Ribeira : 606 Km².

Población: 106.598 habitantes.

Municipios de actuación: A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Ribeira.


Área de actividade #ParqueBombeirosSantaComba: 740.2 Km².

Población: 32.677 habitantes.

Municipios de actuación: A Baña, Mazaricos, Negreira, Zas e Santa Comba.


Publicidade

Cabe mencionar que os bombeiros comarcais comenzaron o día 15 unha folga con acampada indefinida na Praza do Obradoiro de Santiago con obxectivo de chegar a un acordo coas distintas Administracións.


Entre as súas reivindicacións figuran un aumento do persoal para garantir a seguridade, unha retribución salarial conforme á valoración dos postos de traballo e que se regule un horario que vaia na mesma liña que o resto de persoal que traballa na administración.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page