top of page
Foto del escritorLaura Moure

O palense Luis Vilariño disputará o Rallye Villa de Adeje, en Canarias

A cita insular será a terceira da Copa de España de Rallies de Asfalto para este piloto


Laura Moure/Palas de Rei

Luis Vilariño na previa do Rallye Villa de Adeje.

Tras case un mes de parón desde o Rallye Cidade de Narón, o palense Luis Vilariño volverá subirse ao seu Skoda Fabia R5 para competir no asfalto tinerfeño do Rallye Villa de Adeje, para iso, contará no asento da dereita co experimentado copiloto cántabro Borja Odriozola.


Publicidade

A terceira proba do certame nacional de asfalto dividirase en dúas xornadas, disputándose na mañá do venres o tradicional shakedown, mentres que pola tarde celebraranse tres tramos a dobre pasada. Na etapa do sábado os equipos pelexarán contra o crono noutras tres especiais en senllas ocasións para acabar completando os máis de 114 quilómetros cronometrados.


Publicidade

Luis Vilariño mostra a súa confianza en poder pelexar polos postos de honra: “O noso principal obxectivo é acabar a proba e tentar pelexar polos postos de podio, sabemos que non vai ser unha tarefa sinxela xa que en Canarias hai un nivel altísimo entre os pilotos locais, pero temos confianza nas nosas oportunidades. Disputamos esta proba nunha ocasión, fai tres anos e sabemos que son tramos moi rápidos, sinuosos e sen ningunha marxe ao erro, xa que as distancias adoitan ser mínimas. Gran parte dos tramos teñen menos de dez quilómetros, o que a converte nunha carreira totalmente ao sprint".


Publicidade

"Esperamos poder irnos ao parón estival cun bo resultado, xa que ata outubro non teremos outra carreira na Copa de España de Rallies de Asfalto”, conclúe o piloto de Palas de Rei.

0 comentarios

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page