top of page

A Xunta e o Concello de Monterroso asinan un convenio de colaboración para humanizar varias rúas

Ecos da Comarca/Monterroso

A Xunta, a través da Axencia de Turismo de Galicia, e o Concello de Monterroso asinaron un convenio de colaboración para executar o proxecto de humanización de sete rúas da localidade. O delegado territorial en Lugo, Javier Arias, e o alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, formalizaron onte este acordo que suporá mellorar a mobilidade e a seguridade nos propios viarios e nas súas contornas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

En concreto, o convenio asinado establece as bases para o financiamento das obras necesarias para a humanización das rúas Álvaro Cunqueiro, avenida do Marco, rúa Xoán Montes, rúa Irmán Xesús, travesía da Feira, rúa da Xesta e rúa San Miguel. En todas elas procederase á reparación e mellora da capa de rodadura e, a maiores e segundo os casos, repintaranse as marcas viarias e colocaranse novas luminarias led.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Arias puxo en valor estas actuacións “que servirán para adecuar estes espazos públicos e recuperalos como unha área de interacción social, cunhas mellores condicións de seguridade e mobilidade para os seus usuarios, reforzando ao mesmo tempo o atractivo de Monterroso e dándolle pulo ao turismo e o comercio local nestas zonas”.

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page