"O PAC de Silleda estivo onte durante máis de tres horas sen médico", asegura un paciente de Cruces
- ecosdacomarca

- 7 nov 2022
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Deza

Un veciño do concello de Vila de Cruces presenta unha reclamación ante a Consellería de Sanidade porque asegura que o centro médico de Silleda quedou sen médico durante máis de tres horas onte domingo.
"Quero facer público que onte, domingo, ás 19:00 horas vinme na obrigra de acudir o Punto de Atención Continuada (PAC) de Silleda dende Vila de Cruces. E cal foi a miña sorpresa? De que ás 20:30 horas sen ser atendido, o médico tivo que saír coa ambulancia a unha urxencia, deixando aos concellos de Vila de Cruces e Silleda sen ningún facultativo", indica este cruceño. Ademais, sinala que "unha vez que chega de volta coa ambulancia, só ao entrar pola porta de Urxencias, volve a marchar na mesma deixando na sala de espera varios menores en moi mal estado. Queremos recalcar que os municipios de Silleda e Vila de Cruces contan con 13.000 habitantes, os cales quedaron sen médico durante máis de tres horas".








Comentarios