O obradoiro do 25 de xullo do ciclo 'As mañás en Nugallás' xa ten abertas as inscricións
Esta iniciativa lévase a cabo todos os sábados de xullo e agosto no Parque Central de Galicia, en Nugallás (Antas de Ulla)
Laura Moure/Antas de Ulla
Este vindeiro sábado, 25 de xullo, Día de Galicia, celebrarase a cuarta e última xornada do Ciclo Cultural As mañás en Nugallás deste mes, unha idea orixinal de Tarabela Creativa e que está promovida pola Deputación de Lugo. Esta iniciativa ten lugar todos os sábados de xullo e agosto no Parque Central de Galicia, en Nugallás (Antas de Ulla).Nesta ocasión será un obradoiro de Milhulloa.
PUBLICIDADE
Todos os sábados ten lugar dende as 10 horas un obradoiro no que é preciso inscribirse previamente, porque as prazas son limitadas. Este 25 de xullo será a queda do Laboratoiro Verde Ulloa, impartido por Milhulloa.
Os interesados deben anotarse a través do seguinte enlace: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSe9O5c8l4toO0MZuUK9g4T8pZHSNqjFlxg2224uNaaUfgTTzQ/viewform
E despois, ás 12:30 horas, arrancará o espectáculo Chafallas, a vendedora de lume de A Cova das Letras.

O pasado sábado o espazo de xogo Xogando Miudiño, de Miudiño-Xogo e cultura para naturalizar a infancia trouxo ata Nugallás "un lote de retos de inxenio, destreza, puntería e demostración das mellores habelencias que traían da casa dende o bebé ata a avoa!
"Unha actividade compartida en familia na que aprendemos aqueles xogos clásicos nos que tanto a imaxinación como a perseverancia garantizan a diversión", tal e como sinala a organización.
PUBLICIDADE

E despois de todos estes xogos tradicionais, chegaron os malabares, equilibrios e moitísimo humor co espectáculo de Henriko Circo. "Engaiolou a un público que participou dende o primeiro momento con el!", resalta Tarabela Creativa.









Comentarios