O novo Punto de Encontro Familiar do Deza xa está en funcionamento
- Laura Moure

- hace 6 horas
- 2 min de lectura
Os encontros de unidades familiares en risco de desprotección da contorna do Deza centralizaranse en Lalín, nunhas instalacións cedidas polo Concello
Laura Moure/Deza
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou este xoves o Punto de Encontro Familiar (PEF) do Deza, que acaba de entrar en funcionamento para dar servizo a decenas de familias da comarca.

PUBLICIDADE
Coa apertura deste recurso, indicou, os encontros de unidades familiares en risco de desprotección da contorna do Deza centralizaranse en Lalín, nunhas instalacións cedidas polo Concello que a conselleira percorreu co alcalde da localidade, José Crespo, ao que lle agradeceu a súa implicación para levar a cabo o proxecto.
PUBLICIDADE
Fabiola García apuntou que o PEF de Lalín é un dos tres que vén de poñer en marcha a Xunta, xunto cos que prestan servizo ás comarcas da Mariña e de Verín. Para adecuar os tres espazos o Executivo galego investiu preto de 700.000 euros, aos que se suman 1,4 millóns de euros para licitar a súa xestión.
PUBLICIDADE
A conselleira sinalou que os Puntos de Encontro Familiar representan un recurso fundamental para os nenos e as familias en risco de desprotección. Neste sentido, explicou que son uns espazos neutrais e seguros que se teñen conformado como o mellor marco para realizar as visitas fixadas polos xulgados en procesos de separación conflitivos.
PUBLICIDADE
Os PEF permiten que profesionais especializados en materia de infancia velen pola integridade dos nenos, fagan un seguimento individualizado de cada situación e alerten aos servizos de menores da Xunta en caso de identificar algún posible caso de desprotección.










Comentarios