O neno que leva máis de 50 días sen ir ao instituto por falta de persoal específico, volverá o vindeiro martes
- ecosdacomarca

- hace 6 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
O pasado martes, en ECOS DA COMARCA dabamos conta dunha situación que está vivindo un neno de Curtis e a súa familia, xa que este cativo levaba 49 días sen poder ir ao instituto por falta de persoal específico. Pois hoxe temos que dar unha boa nova, tal e como nos comunicou o seu pai: o menor poderá volver cos seus compañeiros ao centro educativo o vindeiro martes!

Publicidade
"Só agradecervos a publicación da nova e comunicarvos que hoxe (por onte) o director do IES se puxo en contacto ca familia para dicirnos que xa imos ter o persoal coidador necesario. Empezará o martes e poderá comezar as clases con normalidade", indicounos o seu proxenitor.
Publicidade
Cabe mencionar que o pasado luns tivo lugar unha concentración diante deste centro. Compartimos a noticia: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-bng-apoia-as-demandas-da-comunidade-educativa-do-ies-de-curtis








Comentarios