top of page

O mércores 26 de agosto abre o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas de Silleda

Inclúe patinaxe, kung-fu, baloncesto, zumba fitness, zumba kids, esgrima e atletismo e incorpora como novidades para persoas adultas bailes de salón e a actividade ReConecta


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda abrirá este mércores día 26 de agosto o prazo de inscrición nas escolas deportivas para o vindeiro curso. As actividades comezarán a impartirse xa durante o mes de setembro, con novidades na oferta para o público adulto.

A proposta inclúe actividades xa consolidadas e tendo en conta os espazos dispoñibles. Así, neste curso ofertaránse clases de patinaxe, kung-fu, baloncesto, zumba fitness, zumba kids, esgrima e atletismo. Como novidade o programa incorpora dúas novas modalidades para persoas adultas: bailes de salón , e a actividade ReConecta que combina exercicio de movemento e respiración para mellorar a condición física e xestión psicoemocional.


As inscricións deben realizarse no pavillón Cesar G. Fares de Silleda, a partir do mércores, en horario de 10:00 a 13:00 e de 19:00 a 21:00 horas. Tamén se poden remitir as inscricións, que estarán dispoñibles na web municipal, ao enderezo info@silleda.gal

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

As actividades impartiránse no pavillón César G. Fares, no pavillón do IES (no caso de Atletismo), no Centro Social de Silleda e tamén no recinto Feira Internacional de Galicia.

Na escola de patinaxe, a idade límite de iniciación será para nenos e nenas nados en 2022, neste caso con prazas limitadas. En atletismo, impartido por Atletismo Deza, poderán participar nenos nenas nados entre os anos 2021 e 2014.


Xornadas de portas abertas e campus de baloncesto

Ca intención de familiarizar ás persoas máis novas cas actividades deportivas, este ano haberá sesións abertas para que as persoas interesadas poidan probar as actividades de balde e sen compromiso.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Estas sesións serán ao longo do mes de setembro. No caso de actividades federadas como o baloncesto, que en Silleda se levan a través do Obradoiro CAB, xa se pode asistir ao campus que terá lugar do 31 de agosto ao 4 de setembro polas mañás no pavillón de Silleda (de 09:00 a 14:00 horas) para nenos e nenas a partir de 6 anos e ata a categoría infantil.


Dende o Concello de Silleda agradécese a colaboración da Fundación Semana Verde, o IES Pintor Colmeiro así como dos clubs que imparten as distintas modalidades deportivas nas escolas silledenses (Atletismo Deza, Compostela Esgrima e Obradoiro CAB).

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page