top of page

O Museo da Terra de Melide lamenta que apareceu esnaquizado no chan o cruceiro vello do Barreiro

"A priori descoñecemos as causas que motivaron a caída do mesmo mais, todo apunta a que foi debida á embestida dalgún vehículo rodado", informa o museo melidense


Laura Moure/Melide

O Museo da Terra de Melide lamentaba onte que un novo cruceiro apareceu esnaquizado no chan no municipio de Melide. Trátase do cruceiro vello do Barreiro.

O cruceiro afectado. Autor: Museo da Terra de Melide.
O cruceiro afectado. Autor: Museo da Terra de Melide.

"Onte pola mañá (polo sábado) recibimos a mala nova de que outro dos cruceiros da Terra de Melide apareceu tirado no chan e, por tal motivo, fragmentado. Nesta ocasión a fatalidade cebouse cun dos dous cruceiros existentes na parroquia melidá de O Barreiro. A priori descoñecemos as causas que motivaron a caída do mesmo mais, todo apunta a que foi debida á embestida dalgún vehículo rodado", informa o museo melidense.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

"Dende o Museo lamentamos os feitos, xa que consideramos se trata dun dano ó patrimonio cultural que a ninguén beneficia. Mais, ó mesmo tempo, consideramos que no caso de tratarse, como semella, dunha embestida non intencionada pero si circunstancial, a persoa que provocou os danos debera dar parte á compañía de seguros que sería a que tería que facerse cargo da recuperación do elemento patrimonial, posto que para iso están os seguros".


O cruceiro presenta danos, tal e como explica o museo:

  • Fuste: partido en dous fragmentos e separado da plataforma.

  • Capitel: fragmentado polo espigo de aceiro que o une á columna e separado desta.

  • Cruz: partida polo medio e separada do capitel, ademais de percibirse perda de material nun dos brazos da cruz debido ao impacto contra o chan.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

"En resumo, todos os elementos sufriron desperfectos e están separados, polo que precisa unha recuperación por parte de persoal técnico cualificado. Esta circunstancia produce unha situación de preocupación e desalento, toda vez que o recente episodio acontecido no cruceiro da Fonte Santa dos Ánxeles e que aínda non foi reparado, induce a cavilar no doado que resulta danar a un elemento do patrimonio e as dificultades que poden supoñer a súa recuperación a breve prazo. Nese senso aproveitamos para informar que no caso do cruceiro da Fonte Santa dos Ánxeles xa se lle pediu unha valoración orzamentaria a tres empresas diferentes especializadas no campo da Restauración e Conservación de bens culturais. Así unha vez coñecidas as tres estimacións se poderá concretar e levar a cabo a pertinente recuperación", apunta o museo.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page