top of page

O Museo da Terra de Melide esixe a reparación do tellado da igrexa de Santa María de Melide

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

"Trátase dunha actuación imprescindible, non so nesta igrexa, senón en moitas outras desta contorna", recalca


Ecos da Comarca/Melide

O Museo da Terra de Melide esixe a reparación do tellado da igrexa de Santa María de Melide. "Trátase dunha actuación imprescindible, non so nesta igrexa, senón en moitas outras desta contorna (sen redundar na parroquial de Melide)", recalca.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

O seu comunicado (publicado nas redes sociais):


O TELLADO DA IGREXA DE SANTA MARÍA DE MELIDE: OU A NECESARIA CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO MONUMENTAL E HISTÓRICO


"Trátase dunha actuación imprescindible, non so nesta igrexa, senón en moitas outras desta contorna (sen redundar na parroquial de Melide), nas que a cuberta necesita de traballos de acondicionamento e recolocación de tellas movidas ou desaparecidas. Isto, as tellas movidas ou rotas, inflúe de maneira directa no interior (todos o sabemos polas nosas casas), cousa que facilita a entrada de augas da chuvia que causan danos (ás veces irreparables) por mor de humidades e filtracións.

O tellado da igrexa de Santa María de Melide. Foto publicada polo Museo da Terra de Melide.

Neste caso en concreto, estes danos causados polas augas afectan de xeito directo sobre o magnífico panel de pintura mural. Esta obra do século XVI, en estilo hispano-flamenco serodio con pinceladas dun renacemento xa apuntado nalgúns trazos e que ocupa todo o interior da ábsida semicircular, necesitan dunha protección que ven acompañada de ter un tellado en boas condicións. Curiosamente a Virxe das Neves era sacada en procesión polos veciños para pedir pola chuvia, pero obviamente non para que chova dentro da igrexa.


A protección do patrimonio vén da man dun coidado diario, como se duns primeiros auxilios se tratase e, esta "posta a punto" tan necesaria, axuda a previr danos maiores. Non podemos gabarnos de ter un dos templos románicos mellor conservados do Camiño, edificado no século XII, e deixar que este se manteña por si so.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

E dende aquí o Museo súmase á preocupación (xa abordada polo párroco e polos fregueses) e pon o foco na imperiosa necesidade de reparar esas tellas movidas e substituir as que están rotas. Abonda con ollar estas fotos de dron para comprender e facer unha axeitada diagnose de como o estado actual da cuberta non é o axeitado, e que os problemas de filtracións non han senón acrecentarse.


Os bens patrimoniais son de todos nós, e son os que nos aportan a riqueza monumental da que se marabillan todos aqueles que nos visitan por miles".

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

ILUMINADOS

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page