top of page

O ciclo cultural 'As Mañás en Nugallás' clausurarase este sábado 29 de agosto en Antas

Xa está aberto o prazo de inscrición para o obradoiro desta xornada


Laura Moure/Antas de Ulla

Despois de nove sábados completos de boas iniciativas, o ciclo cultural As Mañás en Nugallás clausurarase este 29 de agosto. Esta iniciativa é unha idea orixinal de Tarabela Creativa que se levou a cabo todos os sábados de xullo e agosto no Parque Central de Galicia en Nugallás, Antas de Ulla. Cada xornada os participantes puideron desfrutar dun obradoio e dun espectáculo.

O sábado pasado foi a quenda do obraroiro Bechoconstrución de Xesta Brava S.Coop Galega. "As familias deixaron un hotel listo con todo o preciso para uns hóspedes moi especiais e importantes para os nosos ecosistemas: os insectos. Despois de coñecer en profundidade que é o que pode precisar cada un deles para o seu maior confort e comodidade nesta hospedaxe, persoas grandes e pequenas puxéronse mans á obra para a construción!O próximo sábado inauguraremos as instalacións! A ver, nós non: os bechos!", sinala Tarabela Creativa.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

E tamén será Xesta Brava a encargada de impartir o último dos obradoiros. Neste caso, leva por título Rastro de pegadas de mamíferos. "Imos aprender a recoñecer o rastro de pegadas dos mamíferos da contorna. Dende xa e ata o venres tedes abertas as inscricións no formulario desta ligazón: https://forms.gle/pbS4EmHpdUV3dH2a8 "  adianta a organización.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Despois desta inciativa, ás 12:30 horas comezará o espectáculo da última xornada, que coma sempre é aberto ao público en xeral. Será a actuación de Natalia Outeiro 'Pajarito' con A vida tola.

O sábado 22 tivo lugar no Parque Central de Galicia o espectáculo #DonGelati (Culturactiva S. Coop. Galega) "E non só houbo variedade de ilusións, senón tamén de sabores nos conos! E xeados de varias bolas! E de distintos tamaños! Refrescou unha mañá de agosto co seu humor e a boa axuda de cada voluntaria e voluntario! Un número orixinal que encheu o Centro Xeográfico do son máis marabilloso do mundo: o rir do público", recalca Tarabela Creativa.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page