top of page

O Museo da Terra de Melide celebrará o 17 de maio unha ofrenda floral ós ilustres das letras melidás

O museo abríu xa as súas portas ao público nesta tempada 2024


Laura Moure/Melide

A pasada semana o Museo da Terra de Melide abríu as portas ao público nesta tempada 2024. "Unha tempada cargada de actividades para todos os públicos tanto presencias como virtuais pois seguiremos a tratar temas de interese histórico, etnográfico e arqueolóxico nas nosas seccións nas redes sociais e no blog (con carácter divulgativo, didáctico e coa premisa de dar a coñecer o patrimonio para unha mellor conservación do mesmo)", sinalan dende o museo,


Publicidade

Ademais, adiantan que tamén haberá actividades a pé de rúa e no Museo: presentacións de libros; exposicións temporais; Roteiros pola arquitectura relixiosa; pola historia medieval; pola arqueoloxía do Campo de San Roque; polas tradicións e lendas,...


Publicidade

"E para comezar a tempada o venres 17 de maio celebraremos unha nova Ofrenda Floral ós ilustres das letras melidás no camposanto do Castelo (este ano con novidades). E por suposto, visitas guiadas pola exposición permanente, nas que con cada paseo polas nosas salas descubrimos historias e curiosidades que nos contan as pezas expostas".

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page