Así o acordou este martes o comité clínico que asesora á Xunta de Galicia
Laura Moure/Santiso O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola Covid-19, acaba de acordar cambios no nivel de restrincións dalgúns municipios. Nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa estas modificacións só lle afecta a Santiso que pasará do nivel medio de limitacións ao mínimo este sábado. Os demais municipios manteranse tamén no medio-baixo (o mínimo).
Así este martes o comité estableceu o nivel máximo de restricións nos concellos de Lobios, A Pobra do Caramiñal e Mos.
Así mesmo, determinou o nivel alto nos municipios de Ribeira, Ordes, Moraña, Ponte Caldelas e Viveiro.
Ademais, as medidas do nivel medio serán de obrigado cumprimento nos concellos do Barco de Valdeorras, Moaña, Ponteareas, Cambados, Bueu, Boiro, Rianxo, Cee, Xove, Cervo, Vilalba e Monforte.
No resto dos concellos galegos estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio-baixo.
Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado, 29 de maio.
O conselleiro de Sanidade, a conselleira de Política Social e o presidente da Xunta na reunión esta tarde.
Comentarios