Segue a aplicar o horario de inverno, con apertura de mércores a domingo
Laura Moure/Silleda
O mosteiro románico de San Lourenzo de Carboeiro rexistrou ao longo de todo o ano 2024 un total de 15.016 visitas, confirmándose como un dos monumentos e entornos máis visitados da comarca e do interior de Galicia.

No cómputo mensual cómpre destacar que os meses de xullo, agosto e setembro foron os máis concorridos, como vén sendo habitual. Así, en xuño accederon ao mosteiro 1.737 persoas; en xullo foron 1.810 e un total de 2.603 durante o mes de agosto. Abril, maio e setembro, foron tamén meses destacados superando nos tres casos o millar de visitantes (con 1.366, 1523 e 1.140 entradas, respectivamente). En xaneiro entraron a Carboeiro 481 persoas, en febrero 631 e en marzo acadouse un dos mellores resultados deste período dos últimos anos, cun total de 1.227 persoas visitantes. No último trimestre, as cifras tamén deixaron bos balances, con 860 entradas en outubro; 584 en decemebro e batiuse o récord no mes de novembro, cun total de 1.054 entradas.
Publicidade
Carboeiro, unha das xoias do románico oxival galego, e tamén o seu entorno, ao pé do río Deza, é visitado cada ano por milleiros de persoasde distintas nacionalidades.Este espazo histórico e cultural é xunto coa Fervenza do Toxa, co que comparte o sendeiro do Deza, o gran referente turístico do municipio.
Horario de inverno
O horario actual de Carboeiro é de mércores a domingo de 11:00 a 14:30 e de15:30 a 18:00 horas. Este horario de apertura, condicionada tamén polas horas de luz natural manterase ata o cambio horario de primavera. En Carboeiro sitúase tamén o Punto de Información Turística do municipio, incluido na Rede Info Rías Baixas da Deputación de Pontevedra.
Comments