top of page

O Mosteiro de Carboeiro de Silleda recibiu un total de 2.872 visitas no mes de agosto

O horario de visita muda a partir do vindeiro martes 16


Laura Moure/Silleda

O mosteiro de Carboeiro de Silleda recibiu o pasado mes de agosto un total de 2.872 visitas. O perfil turístico caracterízase por ter unha maioría de mulleres e homes, de entre 35 e 65 anos, que se achegaron no seu vehículo particular e coa familia ata o antigo cenobio despois de facer unha busca na rede e atopar dito monumento. Ademais, tamén houbo unha pequena porcentaxe (9%) de visitas que chegou a pé, pois viñeron paseando dende o Balneario de Brea ou decidiron facer o Sendeiro do Deza que comunica a Fervenza da Toxa co Mosteiro.

Agora ben, como dato curioso neste mes de verán, ó igual que no anterior, observouse un cambio importante na orixe das visitas. A porcentaxe máis alta xa non é a de persoas galegas (41%), senon a de procedentes do resto de España (56%), sendo Madrid (485 pax) a comunidade da que máis visitas se achegaron. No tocante a Galicia, os turistas procedían de lugares moi variados, sendo na súa maioría das provincias de Pontevedra e A Coruña, e se concretáramos un pouco mais, a cidade de Santiago de Compostela (184 pax) sería o lugar de onde mais persoas viñeron. Finalmente, do extranxeiro foron 230 persoas as que visitaron Carboeiro, procedentes de lugares como Reino Unido, Italia, Croacia, Polonia, Paises Baixos, Noruega, México ou Nicaragua, entre outros moitos.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Non obstante, destacan as visitas procedentes de Francia que chegaron a un total de 78 persoas, sendo unha cifra récord de visitantes rexistrada ata o momento dun lugar concreto do extranxeiro no mesmo mes.


Cambio de horario o 16

Por outra banda, o mosteiro de Carboeiro modifica a partir do vindeiro martes día 16 o seu horario de apertura ao público, comezando co horario de outono, ao reducirse as horas de luz natural.


O horario de visita ao mosteiro románico -que continuará ata finais de outubro co cambio de hora- será de 11:00 a 14:30 e de 16:00 a 19:00 horas, de martes a domingo. Os luns, como vén sendo habitual, as dependencias monacais estarán pechadas (o vindeiro día 22 xa non abrirá).


Carboeiro, que segue a ser un dos lugares máis visitados da comarca, volverá a aplicar o horario de inverno a partir do último domingo de outubro, data que coincide co cambio horario.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page