top of page

O mosteiro de Carboeiro de Silleda aplica novo horario dende esta semana

Reaxusta horarios de apertura e volve a pechar as súas portas ao público os luns


Laura Moure/Silleda

O mosteiro de Carboeiro, de Silleda, aplica xa dende esta semana novo horario. Así o mosteiro volverá a pechar as súas portas nas xornadas dos luns, e estará aberto –de martes a domingo – de 11:00 a 14:30 horas; e pola tarde adiantase a hora de peche, estando a entrada dispoñible de 16:00 a 19:00 horas.

Este horario aplicarase ao longo de todo o mes de setembro e tamén durante outubro, para pasar a partir de novembro ao horario de inverno. A igrexa do templo románico, o claustro, e tamén a ponte do Demo xunto co fermoso entorno natural de Carboeiro seguen a cautivar a milleiros de visitantes cada ano procedentes tando de Galicia como de diversas

comunidades autónomas e países do estranxeiro.

O pasado mes de agosto pasaron polo mosteiro románico un total de 3.369 persoas, unha cifra que se ben está na liña dos meses de máis afluenza, reduciuse respecto ao ano anterior, cando pasaron polo mosteiro máis de 4.000 persoas. Tamén en xullo, a cifra de visitas baixou ata 1.575, seguindo a tónica doutros monumentos da zona interior durante este verán.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page