O mosteiro de Carboeiro de Silleda aplica dende hoxe, 30 de marzo, o horario de primavera
- Laura Moure
- 30 mar
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/Silleda
O mosteiro de Carboeiro mudará dende hoxe, domingo 30 de marzo, o seu horario de apertura. Así, e en virtude do establecido nos últimos anos polo departamento municipal de Turismo, o edificio abrirá as súas portas ao público de 11:00 a 14:30 e polas tardes de 16:30 a 19:00 horas, de mércores a domingo.

Deste xeito, e tendo en conta o aumento de horas de luz que xa se ven experimentando nas últimas semanas, amplíase unha hora máis a apertura do cenobio polas tardes.
Este horario de primavera aplicarase –de mércores a domingo- durante os meses de marzo, abril, maio e xuño, ampliándose novamente nos meses de verán co reforzo de personal que atende o Punto de Información Turísticas (PIT) da rede de oficinas de Turismo “Info Rías Baixas”.
Publicidade
Récord no mes de febreiro
Por outra banda, o mosteiro vén de recibir o pasado mes de febreiro un total de 853 persoas visitantes, unha cifra que non se acadaba nun mes similar nos últimos anos. Dende a pandemai de 2020 nunca se superara ata o de agora a cifra de 800 visitas nun mes de febreiro.
Comments