top of page

O Mosteiro de Carboeiro de Silleda acolle o venres 12 de setembro o espectáculo Suit(e)

É a a creación de Millán Abeledo e Nuria Sotelo que une danza e violoncello


Laura Moure/Silleda

O vindeiro venres día 12 de setembro ás 20:00 horas, o Mosteiro de Carboeiro de Silleda converterase nun escenario de encontro entre danza e música coa presentación de Suit(e), unha proposta artística que mestura a intensidade da danza contemporánea coa forza expresiva do violoncello, da man do músico silledense Millán Abeledo e a bailarina Nuria Sotelo.

ree

Suit(e) integra composicións de Johann Sebastian Bach con obras de referencia para violoncello de Gaspar Cassadó, György Ligeti, Henri Dutilleux ou Benjamin Britten, así como unha peza específica do compositor Manuel López, concibida para este proxecto.


Este traballo naceu dunha residencia artística de catro meses que culminou coa súa estrea no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela o pasado 29 de abril, dentro do Ciclo de Músicas Contemporáneas. O espectáculo enmárcase no IV Ciclo de Artes Vivas de Mediación e Exhibición, organizado coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), e coa colaboración do Concello de Silleda. A actividade é aberta a todos os públicos, convidando á cidadanía a descubrir a forza da creación contemporánea nun espazo único como é o Mosteiro de Carboeiro.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Millán Abeledo, violoncellista silledense, forma parte desde 2014 da Real Filharmonía de Galicia. Compaxina a súa actividade orquestral coa docencia, a música de cámara e a divulgación, colaborando en diversas formacións.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Nuria Sotelo é bailarina, coreógrafa e directora artística da compañía Furia Sotelo, con ampla traxectoria en proxectos escénicos, sociais e comunitarios. O seu traballo foi recoñecido con premios como o Certame Coreográfico de Madrid ou o Premio de Interpretación Maruja Villanueva.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page