O mosteiro de Carboeiro aplica dende este venres o horario de primavera
- Laura Moure
- 18 mar 2024
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/Silleda

O mosteiro de Carboeiro en Silleda mudará dende este venres día 22 o seu horario. Así, e en virtude do establecido nos últimos anos polo departamento municipal de Turismo, o edificio abrirá as súas portas ao público de 11:00 a 14:30 horas e polas tardes de 16:30 a 19:00 horas, de mércores a domingo.
Publicidade
Deste xeito, e tendo en conta o aumento de horas de luz que xa se ven experimentando nas últimas semanas, amplíase unha hora máis a apertura do cenobio polas tardes.
Este horario de primavera aplicarase –de mércores a domingo- durante os meses de marzo, abril, maio e xuño, ampliándose novamente nos meses de verán co reforzo de personal que atende o Punto de Información Turísticas (PIT) da rede de oficinas de Turismo “Info Rías Baixas”.
Publicidade
Por outra banda, dende xaneiro ata o de agora, as visitas a Carboeiro rondan as 2.000. Son boas cifras xa que estes meses do ano pertencen á tempada baixa de turismo.
Comments