O mosteiro de Carboeiro aplica dende este mércores o horario de primavera
Estará aberto de 11:00 a 14:30 e de 16:30 a 19:00 horas, de mércores a domingo
Laura Moure/Silleda
O mosteiro de Carbeoiro, de Silleda, mudará dende hoxe, mércores, o seu tempo de apertura, coincidindo co recente cambio de horario. Así, e en virtude do establecido nos últimos anos polo departamento municipal de Turismo, o edificio abrirá as súas portas ao público en horario de 11:00 a 14:30 e polas tardes de 16:30 a 19:00 horas, de mércores a domingo.

Deste xeito, e tendo en conta o aumento de horas de luz que xa se ven experimentanto nas últimas semanas, amplíase unha hora máis a apertura do cenobio polas tardes. Este horario de primavera aplicarase –de mércores a domingo- durante os meses de marzo, abril, maio e xuño, ampliándose novamente nos meses de verán co reforzo de personal que atende o Punto de Información Turísticas (PIT) da rede Info Rías Baixas.
O bo tempo das últimas semanas está a incrementar un notable aumento das visitas neste primeiro trimestre do ano, con cifras moi superiores as de anos anteriores.








Comentarios