top of page

O Mosteiro de Carboeiro abrirá todos os días ao público dende este sábado día 1

29 jun 2023
2 min de lectura

Ademais incorporarse o novo guía do Punto de Información Turística, contratado a través do programa Info Rías Baixas da Deputación


Laura Moure/Silleda

O mosteiro de Carboeiro de Silleda aplicará dende este sábado día 1 de xullo o horario de verán coincidindo tamén coa incorporación do novo guía turístico a través do programa Info Rías Baixas da Deputación de Pontevedra.

Así o mosteiro abrirá todos os días durante este verán, de luns a domingo en horario  de 11:00 a 14:30 e de 16:30 a 20:00 horas. Este calendario manterase durante os meses de xullo e agosto e na primeira quincena de setembro. A época estival coincide ademais co maior número de visitantes do mosteiro e do seu entorno que nos últimos anos se vén situando en torno ás 20.000 entradas anuais.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Ca ampliación de persoal, grazas á subvención da Deputación de Pontevedra a través da Rede Info Rías Baixas (mediante contrato a empresa, modalidade establecida nas bases da axuda) o mosteiro reforza un ano máis a  atención no mosteiro, onde se ubica tamén o Punto de Información Turísica do municipio de Silleda. 


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Máis de 1.100 visitas en maio

O pasado mes de maio, o Mosteiro de Carboeiro recibiu un total de 1156 visitas O perfil turístico é similar ó que estamos acostumados: unha maioría de mulleres de entre 35 e 65 anos que xa coñecían este histórico edificio ou indagaron nas redes qué visitar pola zona e se achegaron coa familia e no seu vehículo ata o mesmo; aínda que unha boa porcentaxe (15%) decidiu facer o sendeiro do Deza e chegar a pé ata o mosteiro.

Preme na imaxe para contactar connosco.

A procedencia das persoas visitantes foi moi variada. A maioría (85%) era de procedencia galega; e, a maior parte, das provincias de Pontevedra e A Coruña; máis concretamente das grandes cidades como Santiago de Compostela .Non obstante, tamén se rexistrou un gran número de visitas de fóra de Galicia: dentro do Estado español foron unhas 130 persoas as que decidiron visitar Carboeiro, sendo maioría da Comunidade de Madrid. Mentres que do extranxeiro, se achegaron un total de 46 visitas procedentes de Holanda, Arxentina, Inglaterra, Bélxica, Nova York, etc

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page