top of page

O mosteiro de Carboeiro abre hoxe e contará con entrada libre o mércores, Día dos Museos

Laura Moure/ Silleda

O mosteiro de Carboeiro de Silleda abrirá na xornada de hoxe martes, Día das Letras Galegas, de xeito excepcional (xa que a apertura habitual neste tempo é de mércores a domingo) para facilitar as visitas nesta xornada festiva.


Así mesmo, o mércores día 18 terá lugar unha nova xornada de portas abertas no mosteiro de Carboeiro, con entrada gratuíta no Día Internacional dos Museos

A ordenanza que regula as taxas de acceso ao edificio patrimonial recolle que non se cobrará entrada nesta xornadas así coma o 25 de xullo, Día de Galicia, e o 10 de agosto, festividade de San Lourenzo, a quen está adicado o templo.

O horario de visita ao mosteiro a día de hoxe é de 11:00 a 14:30 e de 16:30 horas 19:00 horas. En canto se incorpore a nova persoa que se contratará como guía turístico a través da subvención da Deputación de Pontevedra (para atención do Punto de Información da Rede Info Rías Baixas), aplicarase o horario de verán con apertura ata máis tarde.


Máis de 1.680 visitas en abril

Por outra banda, Carboeiro recibiu un total de 1.682 visitas o pasado mes de abril. O perfil turístico é semellante ao habitual, sendo a maioría das persoas visitantes mulleres de entre 35-65 anos que coñecían o Mosteiro e se achegaron ata o mesmo coa súa familia e no seu vehículo, a excepción das que decidiron facer o sendeiro do Deza (13%). Non obstante, e igual que no mes de marzo a porcentaxe de rapaces e rapazas de menos de 16 anos aumentou considerablemente, pois varios colexios galegos decidiron visitar o antigo cenobio.

No tocante á procedencia, a maioría das persoas procedía de Galicia (78%), sendo Pontevedra e A Coruña as provincias das que máis visitas se recibiron, e máis concretamente das grandes cidades (Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña). Agora ben, unha cifra moi elevada (299pax.) de persoas españolas non galegas, tamén visitaron Carboeiro, gran parte procedentes da comunidade de León, Andalucía e Madrid.


En canto a visitantes extraxeiros, tamén se rexistraron persoas procedentes de países como Finlandia, México, Arxentina ou Portugal.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page