top of page

O Mercado Medieval e o Mercamelide na Rúa regresan a Melide os días 8, 9 e 10 de agosto

Contará cunha ampla e variada programación para todos os públicos


Laura Moure/Melide

O Mercado Medieval e o Mercamelide na Rúa regresan á zona vella de Melide os días 8, 9 e 10 de agosto cunha ampla e variada programación para todos os públicos.

O mercado medieval o ano pasado. Autor: Ecos da Comarca
O mercado medieval o ano pasado. Autor: Ecos da Comarca

Por unha banda, a feira do medievo abrirá as súas portas o venres 8, ás 19:00 horas, a partir dese momento veciñanza e visitantes poderán desfrutar do recuncho infantil, pasarrúas musicais con Gaeloc, espectáculos co Bufón Vermello e cazadores de dragóns.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Sábado e domingo, o Mercado Medieval, arrincará ás 11:00 horas. Durante toda a fin de semana non faltará a música e os espectáculos de rúa para encher a vila de troula. Nesta

feira haberá diversos postos de comida, roupa, calzado, beleza e bixutería; así como espazos e atraccións para os nenos e nenas, entre as que podemos atopar o tiro con

arco.


Para despedir unha nova edición do Mercado Medieval, o domingo ás 21:45 horas, haberá un pasarrúas de despedida con todas as compañías participantes.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Pola outra banda, o Mercamelide na Rúa contará con preto de 20 comercios locais participantes nos que haberá diversos descontos nos seus produtos e artigos. Unha nova

oportunidade para apoiar os establecementos de proximidade da vila.


Dende o Concello de Melide anima a toda a veciñanza da contorna e visitantes que durante eses días estean por Melide a visitar o municipio e o seu Mercado Medieval e o Mercamelide na Rúa.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page