"Estou moi contento. Ademais é unha obra á que lle teño moito cariño porque fala da historia da miña familia e da historia da miña aldea, Baltar", indica
Laura Moure/Melide
Este venres, Día das Letras Galegas, o Concello de Outes celebrou o acto do XXVIII Certame Francisco Añón de Poesía, onde se deron a coñecer os poemarios premiados deste ano. O poeta e filólogo melidense Vicente Vázquez Vidal gañou o premio da categoría adultos sumando así premios a súa traxectoria creativa.

Gañou coa súa obra O conto da leiteira. O galardón consiste nun cheque por importe de 1.500 euros e a publicación da mesma. "Estou moi contento. Ademais é unha obra á que lle teño moito cariño porque fala da historia da miña familia e da historia da miña aldea (Baltar, Melide)", indica a ECOS DA COMARCA Vázquez.
Publicidade
Biografía
Licenciado en Linguas e Literaturas modernas pola Universidade de Santiago, especializouse no estudo da literatura e ten traballado sobre Hannah Arendt ou Karl Jaspers. Traballou como profesor de español en Lión entre 2015 e 2018, ano en que se trasladou a vivir a Lugo. En 2019 trasladouse a Arcansas cunha bolsa Fulbright a aprenderlles español e escritura creativa e en 2020 foi vivir a Nancy para dar clase de español na Universidade da Lorena.
Publicidade
No 2023 gañou a 9ª edición do Premio Nortear para a mocidade escritora da Eurorrexión co relato Profundo sem nome.
En Outes este venres tamén tivo lugar a presentación do libro que recolle as poesías premiadas na XXVII edición e o libro do gañador da categoría F (maiores de 18 anos) “(De)catarse”, de Naila María González Rodríguez.
Comments