top of page

O mapa do gasto municipal en educación en España de El País salienta a inversión de Melide nisto

Este Concello destina case un 10% do seu orzamento para investimento educativo en infantil, primaria e educación especial da localidade


Laura Moure/Melide

ree

O xornal El País, un dos medios de prensa escrita máis importantes do Estado, fixo público o pasado día 13 un mapa do gasto municipal en educación en España entre concellos de máis de 700 habitantes. "Neste estudo, o Concello de Melide destácase no mapa galego por dedicar un 9,7% do seu orzamento a este ámbito. Isto significa un investimento anual por alumna/o de 496,68 euros", subliña o goberno local.

ree
Preme na imaxe para acceder á web desta empresa.

Actualmente, sinala que "Melide dedica máis de 200.000 euros anuais para os centros de educación preescolar e primaria, e case 15.000 para educación especial no centro social. A estas cantidades, cómpre engadir o destinado á Escola Infantil municipal, que supera os

312.000 euros".

ree
Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Dende o Concello de Melide valórase moi positivamente esta distinción, que destaca "o

noso como un dos núcleos de poboación da área rural galega onde se fai un esforzo deste calibre para favorecer que as familias escollan o municipio como lugar de residencia e a mocidade conte coas mellores oportunidades de formación".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page