top of page

O luns ábrese o prazo de inscrición nas escolas deportivas de Silleda

8 sept 2021
2 min de lectura

Ofertaranse só 10 modalidades. As inscricións deben formalizarse na Casa da Cultura ou ben remitir os formularios por mail ao Concello de Silleda


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda abrirá o vindeiro luns o prazo de inscrición nas escolas deportivas para o vindeiro curso. As actividades, que finalmente o pasado ano non se puideron activar, comezarán a impartirse como vén sendo habitual no mes de outubro. Se ben se arranca con 10 modalidades, dende o departamento municipal de Deportes non se descarta ampliar a oferta nas vindeiras semanas.


En principio ofértase patinaxe, ioga, kung-fu, xinmasia de mantemento, baloncesto, zumba fitness, zumba kids, aerobic step, ciclismo e como novidade, haberá tamén clases de golf.


As inscricións realizaránse na Casa da Cultura (en horario de 10:00 a 13:00 horas), se ben as persoas que o desexen poden cubrir o formulario e anexos (que estarán dispoñibles na web) e remitilo por mail a info@silleda.gal.


Ademais da inscrición, deben de asinar unha declaración responsable, sobre o cumprimento da normativa. Dende o Concello elaborouse xa o pasado ano un protocolo para o uso de instalacións tanto deportivas como culturais.


As actividades impartiránse no pavillón César G. Fares, na Casa da Xuventude, no Centro Social (caso de ximnasia de mantemento) e tamén ao aire libre, no caso de modalidades coma o ciclismo ou o golf. Na escola de patinaxe, a idade límite de iniciación será o ano 2016, se ben no caso de haber prazas libres (o aforo se restrinxe) se collerán a participantes nados no 2017.


As sesións de golf impartiránse nos terreos cedidos ao Concello, unha vez que se reacondicionen para volver a acoller este deporte, neste caso en colaboración co Club de Golf Val de Rois. Nos vindeiros días seguirase informando de distintas cuestións e

novidades relacionadas cas escolas deportivas.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page