O luns abre o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas de Silleda
- Laura Moure

- 4 sept 2025
- 2 Min. de lectura
A oferta inclúe patinaxe, kung-fu, baloncesto, zumba fitness, zumba kids, esgrima e atletismo
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda abrirá o vindeiro luns o prazo de inscrición nas escolas deportivas para o vindeiro curso. As actividades comezarán a impartirse nalgúns casos en outubro, se ben algunhas delas (como baloncesto ou zumba fitness) xa se iniciaron nesta mesma semana. A oferta inclúe actividades xa consolidadas e tendo en conta os espazos
dispoñibles. Así, neste curso ofertaránse clases de patinaxe, kung-fu, baloncesto, zumba fitness, zumba kids, esgrima e atletismo.

As inscricións deben realizarse no pavillón Cesar G. Fares de Silleda, a partir do vindeiro luns día 8, en horario de 9:00 a 11 e de 18:00 a 20:30 horas. Tamén se poden remitir as inscricións, que estarán dispoñibles na web municipal, ao enderezo deportes@silleda.gal
APOIO AO XORNALISMO PALESTINO
As actividades impartiránse no pavillón César G. Fares, no pavillón do IES (no caso de Atletismo nunha das dúas sesións semanais), na Escola de Música (zumba kids) e tamén no recinto Feira Internacional de Galicia (Esgrima, impartida por Compostela Esgrima e outra das sesións de Atletismo na xornada do xoves).
Na escola de patinaxe, a idade límite de iniciación será para nenos e nenas nados en 2021, neste caso con prazas limitadas. En atletismo, impartido por Atletismo Deza, poderán participar nenos nenas nados entre os anos 2020 e 2014.
Xornadas de portas abertas
Ca intención de familiarizar ás persoas máis novas cas actividades deportivas, como novidade este ano haberá sesións abertas para que a rapazada probe as actividades de balde e sen compromiso. Estas sesións serán na primeira semana de outubro. No caso de actividades federadas como o baloncesto, que en Silleda se levan a través do Obradoiro CAB, xa se pode asistir aos entrenos durante este mes para probar esta práctica deportiva (a partir de 6 anos).
Publicidade
Dende o Concello de Silleda agradécese a colaboración da Fundación Semana Verde, o IES Pintor Colmeiro así como dos clubs que imparten as distintas modalidades deportivas nas escolas silledenses.








Comentarios