top of page

O lume forestal do municipio de Vila de Cruces afecta xa a case 9 hectáreas

hace 1 minuto
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

Xa como anunciamos a través das nosas redes sociais, un lume forestal afecta este mércores, 16 de setembro 2026, ao municipio de Vila de Cruces, en concreto, unha zona comprendida entre as parroquias de Sabrexo e Besexos.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Segundo os últimos datos proporcionados pola Consellería de Medio Rural a este medio ás 19:00 horas, o lume iniciouse ás 13:34 horas e quedou estabilizado ás 18:19 horas.

Veciños observan a plantación de maceiras afectada polo lume. Autor: Ecos da Comarca.
Veciños observan a plantación de maceiras afectada polo lume. Autor: Ecos da Comarca.

Para a súa extinción, polo de agora, participan 4 axentes, 11 brigadas, 8 motobombas, 1 pá e 3 helicópteros. A superficie afectada provisional é de 8,8 hectáreas. Cabe mencionar que unha plantación de unhas 3 hectáreas de maceiras tamén se viu afectada por completo.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Por outra banda, Protección Civil e a Policía Local de Vila de Cruces procederon sobre ás 16:15 horas a cortar ao tráfico a estrada de acceso a Sabrexo pola proximidade das chamas, pero, tal e como informou o Concello cruceño, ás seis da tarde quedou reaberta de novo.


Vídeo do incendio onde falamos con veciños: https://www.facebook.com/reel/1783041806219764

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page