Luisa Mendoza, de Cruces, sopra as 103 velas dende a Residencia de Maiores de Silleda
Ecos da Comarca/Silleda/Cruces
A Residencia de Maiores de Silleda celebrou onte o aniversario da súa residente máis veterana. Luisa Mendoza García, natural de Bodaño (Vila de Cruces), cumpríu este15 de setembro 103 anos.

Cunha gran lucidez, e pese a ter problemas de mobilidade, Luisa é coñecida no centro polo seu gran sentido do humor e as súas inxeniosas respostas.
PUBLICIDADE
Nai de 8 fillos, ten ademais 12 netos e 5 bisnetos, cos que compartiu onte un xantar para celebrar o seu aniversario.
PUBLICIDADE
A concelleira de Benestar, Ángela Troitiño e o personal da residencia felicitaron a Luisa no centro en nome da veciñanza de Silleda.









Comentarios