top of page

O lucense Alejandro Álvarez alzouse en ExpoBus Iberia como Mellor Condutor de Autocares 2025

A cita silledense reafírmase no sector do transporte de viaxeiros tras recibir na súa maior edición a 2.620 visitantes, un 28% máis


Laura Moure/Silleda

A IV Feira do Transporte de Viaxeiros por Estrada, ExpoBus Iberia 2025, pechou onte as súas portas en Silleda tras recibir a 2.620 visitantes, un 28% máis que na pasada convocatoria, cando foran 2.048. Unha cifra notable tendo en conta a especificidade do sector e o carácter altamente técnico do certame. Estes visitantes, que destacaron polo seu perfil profesional, procedían na súa maioría de España e Portugal, aínda que tamén se rexistraron algúns asistentes doutros países como Italia, Francia, Irlanda e Suíza, nalgúns casos convidados polas empresas


Desde o pasado xoves os asistentes puideron coñecer as últimas tendencias e novidades no sector, tanto en vehículos como en equipamento, sistemas, servizos e solucións tecnolóxicas de 142 firmas expositoras de 23 países, as cales estaban representadas por 69 expositores directos de seis países que ocuparon 8.414 metros cadrados netos. Cifras que supuxeron un notable crecemento do certame e converteron esta edición na maior celebrada ata o momento. Así, as firmas representadas foron un 10% máis que na cita de 2023, mentres que os expositores directos, de España, Portugal, Italia, Alemaña, Bulgaria e Polonia, aumentaron un 11,3% e ocupan un 26,7% máis de superficie neta. Ademais, nesta edición o certame aumentou o seu carácter internacional, xa que as firmas expositoras procedían de cinco países máis, mentres que os expositores directos facíano dun país máis.

ree

Entre estes expositores de ExpoBus Iberia, que se consolida como a segunda maior feira do sector a nivel nacional, estiveron a inmensa maioría de empresas nacionais de carrocerías para autobuses e os principais fabricantes e carroceiros do sector do autobús a nivel internacional, ademais de numerosas compañías relacionadas coa industria auxiliar.


Estas empresas mostraron maioritariamente á organización a súa satisfacción con esta cita, ademais de expresar a súa intención de estar de novo presentes na vindeira convocatoria. Unha participación na que moitas delas queren contar cunha presenza

máis destacada tanto no que ser refire a espazo como a elementos que dean máis

notoriedade ao seu stand. Por todo isto, as perspectivas para a próxima edición de ExpoBus Iberia son excelentes.


A feira foi inaugurada o pasado xoves polo conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia, Diego Calvo, quen destacou ExpoBus Iberia como punto de encontro profesional e tamén escaparate das últimas innovacións e novidades relacionadas con este sector.


Un atractivo programa

De forma paralela á súa exposición, ExpoBus Iberia 2025 ofreceu un atractivo programa de actividades que converteu á feira nun espazo para a análise e o intercambio de coñecementos.


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

En canto ás súas conferencias, comezou o primeiro día abordando os certificados de aforro enerxético (CAEs) e a súa aplicación no transporte de viaxeiros por estrada, nunha xornada organizada por Anetra, analizándose a continuación a ameaza real de competencia desleal que supón o dumping social no sector do autobús, nun encontro realizado por Direbús. Ademais, noutra xornada tratouse a decisión estratéxica que

supón a continuidade das empresas familiares. Xa o segundo día, as xornadas centráronse no impacto da intelixencia artificial no transporte de persoas, tratando temas como os cambios que supón a tecnoloxía na xestión das empresas e os retos aos que se enfrontan cos novos servizos dixitais, ademais de abordar a mobilidade personalizada e o transporte a medida das necesidades das persoas ou como será o futuro do pago no transporte público.


Outra proposta foi o Premio Mellor Condutor/a de Autocares 2025, o cal contou con Man Truck&Bus como patrocinador principal e co Sindicato Libre de Transporte (SLT) e Proformatrans como patrocinadores destacados. Nesta edición, na que a competición se internacionalizou e aumentou os seus galardóns, participaron finalmente preto de setenta condutores e condutoras de distintos puntos de España e Portugal. Estes foron avaliados en distintos aspectos teóricos e prácticos, como a suavidade na condución, a anticipación, a habilidade ou os hábitos. O lucense Alejandro Álvarez Méndez foi o participante que se alzou como Mellor Condutor de Autocares 2025 nas tres categorías, Mundo, Europa e España. Este profesional desenvolve a súa actividade na empresa Aubesa.


Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Ademais, dentro do programa destacaron un circuíto de probas no que cinco empresas puxeron ao dispor dos seus potenciais clientes a posibilidade de conducir algún dos seus modelos por estrada e tamén a exposición de vehículos clásicos. En canto a esta última, ampliouse respecto á pasada edición e fixo un repaso á historia do autobús con preto dunha trintena de vehículos fabricados entre 1908 e 1991. Entre eles un dos primeiros autobuses que existiron no mercado, un modelo que é o único que se conserva na actualidade, vehículos adiantados ao seu tempo por prestacións ou velocidade máxima, con extras como cristais alpinos tintados ou floreiro, ou modelos que supuxeron un salto ao autobús moderno tanto en equipamento como en motorización, suspensión ou climatización. Auténticas xoias sobre rodas que pertencen a oito empresas: Empresa Cuiña e Transportes Mosquera (ambos do grupo Autocares Rías Baixas), Autocares Lázara, Autocares Meijide, Empresa Lázara, Autocares de Santiago, Autobuses Juan e a Avelino Garrido, da antiga Empresa Garrido.


O programa completouse con talleres de rotulación de autobuses ou asembleas de

federacións galegas de empresas de transporte en autobús. NOS VINDEIROS DÍAS PUBLICAREMOS VÍDEO DESTA CITA.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page