top of page

O lalinense León Feijóo obtivo unha sexta posición na final do Campionato de España

Participou como representante de Galicia na proba de 100 metros valados


Laura Moure/Deza

O Club Escola Atletismo Deza está celebración tras a sexta posición do atleta lalinense León Feijóo no Campionato de España, que tivo lugar en Ourense. O deportista foi o representante de Galicia no campionato de España por seleccións autonómicas na fin de semana e fíxoo na proba de 100 metros valados.

León Feijóo.
León Feijóo.

Neste campionato, cada selección leva un representante por disciplina, e a dos 100 metros

valados foi do lalinense, quen conseguiu unha moi boa sexta posición na categoría Sub16.

Dende o Club felicitan ao deportista por este grande resultado e mostran a súa ledicia por

conseguir entrar, unha vez máis, nunha proba de tan alto nivel.


Tamén nesta fin de semana, 15 deportistas do Atletismo Deza trasladáronse ata Ferrol para

realizar un control de marcas. Houbo grandes resultados e moitos dos atletas melloraron a súa marca persoal.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Novidade no Campus de Verán

As inscricións para o Campus de Verán “Un verán activo con Atletismo Deza” seguen abertas. Mais, presentan un pequeno cambio: Amplíase a idade ata os nados no 2021, é dicir, poderán inscribirse os nenos e nenas de entre 2021 e 2014.


Cabe lembrar que o campamento estará dividido en dúas etapas, unha ao comezo do verán e outra ao remate: Do 22 de xuño ao 31 de xullo; e do 24 de agosto ao 4 de setembro, en ambos períodos resérvase a participación por semanas. O prezo é de 45 €/semana para atletas do club e 50 €/semana para non pertencentes ao club. O pago a través de CLUBER incrementará o custo en 1€ por semana, debido a gastos de xestión. No caso de reservarse unha única semana, o prezo incrementarase 5 €.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Poden consultar dúbidas ao director do Campus Nacho (623189677), ao monitor Mario

(661 139 279) ou no correo electrónico atletismo.deza@gmail.com 



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page