top of page

O lalinense José Ramón Riádigos fai un resumo da súa excelente volta ao culturismo

29 jul 2022
1 min de lectura

Laura Moure/Lalín

O lalinense José Ramón Riádigos voltou á competición no mundo do culturismo tras pasar por un problema de saúde grave. Volvía como reto persoal, pero acabou triunfando e recolectando distintos premios do que agora fai un resumo.

"Resumo a miña tempada 2022 cun gran inicio no campionato Gallego IFBB e terminando no Campionato de Europa (Francia) debutando como profesional coa Selección Española ICN. Inesquecible regreso á tarima logo de que fai un par de anos tivera descartado totalmente volver competir debido a un grave problema de saúde. A frase “querer é poder" é totalmente real… Non hai escusas para quen realmente quere loitar polos seus soños e cumprir os seus obxectivos. E cando a vida che dá unha segunda oportunidade non podes desaproveitala, tes que vivir intensamente e loitar día a día coma se fose o último! E claro, o exemplo veño de facelo realidade hai un par de semanas… Que por moi fea e complicada que se me puxo a vida, saín adiante e loitei polo que quería e amaba!", recalca Riádigos.


Os seus éxitos son os seguintes_

  • Prata no Campionato Galego IFBB (Villalba)

  • Dúas pratas na Copa de España AECN (Madrid).

  • Un ouro, dúas pratas, un bronce e máis o Carnet Profesional Classic Physique, no Campeonato Internacional WNFBA ( Valencia )

  • E unha prata e dous bronces no Campeonato de Europa (Francia)

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

"Agora toca desfrutar un poco e seguir traballando para intentar mellorar esta versión actual e nun futuro volver a subir á tarima para seguir dando guerra", adianta.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page