O lalinense Celso Fernández Sanmartín presenta 'Contar' o 28 de decembro en Arzúa
- ecosdacomarca

- hace 10 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Arzúa
A Casa de Correos de Arzúa acollerá o domingo, 28 de decembro, ás 18:00 horas, o espectáculo Contar, unha proposta de narración oral a cargo do lalinense Celso Fernández Sanmartín, un dos nomes máis recoñecidos deste ámbito en Galicia.

O espectáculo reúne unha selección de relatos procedentes da tradición oral, transmitidos cun estilo próximo e cun marcado uso do humor, nun formato dirixido a públicos de todas as idades.
Publicidade
A proposta pon en valor a palabra contada como ferramenta de transmisión cultural e como parte fundamental do patrimonio inmaterial, achegando ao público historias vencelladas ao imaxinario colectivo e ás formas tradicionais de narrar.
Publicidade
A actividade terá lugar na Casa de Correos e a entrada será libre ata completar capacidade.








Comentarios