top of page

O IX Mercado de Época regresa a Furelos do 18 ao 20 de setembro

O Concello de Melide organiza unha variada programación que traslada á parroquia a 1900

Laura Moure/Melide

O IX Mercado de Época de Furelos (Melide) permitirá á veciñanza e visitantes dar un salto atrás na historia, concretamente ao ano 1900, durante a fin de semana do venres 18 ao domingo 20 de setembro. Para isto, a cita contará con música polas rúas da parroquia, obradoiros de oficios, exposicións de época, postos de artesanía e alimentación, teatro na rúa, figurantes, xogos tradicionais, espectáculos aéreos e de lume e diferentes propostas de animación para toda a familia.

O mercado abrirá de 18:00 a 22:30 horas o venres e de 11:30 a 22:30 horas o sábado e o

domingo.


Programa

De xeito máis concreto, o sábado, o grupo de pandeireteiras de Monte Furado realizará pasarrúas de 13:00 a 14:00 e de 18:00 a 19:00 horas. O domingo, de 17:00 a 19:00 horas, a Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional ofrecerá xogos tradicionais.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Durante ambas as xornadas haberá tamén animación musical, pasarrúas e teatro na rúa, coa presenza de personaxes como a Muller Barbuda, un pitonisa, unha criada de época e unha carteira de época, ademais dun espectáculo de circo e un baile de Charlestón. A

ambientación completarase cos obradoiros de oficios, as exposicións e os postos de artesanía e alimentación presentes no mercado.


Ao peche do mercado, tanto o sábado como o domingo, haberá ademais un espectáculo

aéreo e outro de lume.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Un ano máis, volverá tamén o xa habitual tren turístico, que unirá a vila de Melide con Furelos durante o sábado e o domingo. Contará con paradas diante da Capela de San

Roque e en Furelos e funcionará de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.


Dende o Concello de Melide convídase á veciñanza e visitantes a achegarse a Furelos e

desfrutar dunha nova edición do Mercado de Época, que permitirá percorrer as súas rúas

e trasladarse por uns días ao ano 1900.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page