top of page

O Instituto Plurilingüe Pintor Colmeiro de Silleda debuta na I Liga escolar de debate da Xunta

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, asistiu á inauguración da xornada na que tamén participou alumnado do IES de Cacheiras (Teo)


Laura Moure/Silleda

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, abriu onte no Instituto Plurilingüe Pintor Colmeiro de Silleda a I Liga escolar de debate impulsada pola Xunta de Galicia, unha iniciativa enmarcada dentro das accións da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP para o reforzo da competencia lectora.

Nesta xornada, os estudantes do Pintor Colmeiro participan na primeira fase do debate xunto cos seus compañeiros do  IES de Cacheiras (Teo) a través de equipos formados por catro alumnos de 3º e 4º da ESO, ou con alumnado combinado de ambos os niveis, garantindo sempre a diversidade de xénero na súa composición.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

A iniciativa, que ten un carácter formativo e non competitivo, está pensada como un foro de discusión a través do cal os estudantes poden mellorar a súa oratoria e a exposición de argumentos. Tamén promove valores como a resolución de conflitos mediante o diálogo, a cooperación, o respecto e o traballo en equipo.


En total, nesta I Liga escolar de debate participan arredor de 60 alumnos de 15 institutos públicos, que interveñen nos debates agrupados por centros e por días. Agora estase desenvolvendo a primeira fase da liga, da que sairán dous finalistas que se disputarán a final o próximo día dous de abril.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

O centro gañador desta primeira Liga escolar de debate recibirá un recoñecemento especial polo esforzo e o traballo do alumnado. Ademais, os coordinadores da actividade e os docentes de apoio obterán un certificado de innovación educativa cunha equivalencia de 30 e 20 horas, respectivamente, de formación permanente do profesorado.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page