top of page

O impulso da industria dos sistemas non tripulados en Galicia danse cita en Silleda

O Polo Aeroespacial de Galicia terá unha importante presenza na I Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias, Sedexpo, que terá lugar desde hoxe ata o sábado na Feira Internacional de Galicia


Laura Moure/Silleda

O Polo Aeroespacial de Galicia terá unha importante presenza na primeira edición da Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias, Sedexpo, que terá lugar desde hoxe, xoves, 17 de novembro, e ata o sábado 19 de novembro na Feira Internacional de Galicia en Silleda e onde a Xunta amosará as capacidades e o compromiso de Galicia para o desenvolvemento das tecnoloxías do futuro dos sistemas non tripulados.

A Civil UAVs Initiative, colaboradora de Sedexpo, contará cun espazo expositivo propio no

pavillón 1, no que tamén estarán presentes a Business Factory Aero, programa de

incubación, aceleración e consolidación do Polo Aeroespacial de Galicia; e empresas e

centros de coñecemento do ecosistema como Airbus, Aerocámaras, Aeromedia, Centum

Research & Technology, Beagle Labs, Enercraft ou ITG DroneSolutions.


Ademais, no marco do programa de conferencias celebrarase unha mesa redonda na que

os protagonistas serán os axentes do ecosistema do Polo Aeroespacial de Galicia.

Participarán neste encontro, no que se amosará unha visión integrada sobra a iniciativa,

representantes dos tres novos socios estratéxicos do Polo Aeroespacial de Galicia: Airbus,

Babcock e Telespazio; das pemes galegas Aeromedia e Cartogalicia; do centro

tecnolóxico Gradiant; e de Augas de Galicia, entidade usuaria dunha das solucións

desenvolvidas no período 2015-2020 da iniciativa, que xa se está a utilizar nos servizos da

Xunta.


Programa de conferencias

A mesa redonda celebrarase este xoves, día da xornada inaugural de Sedexpo, de 13:30 a

14:30 horas. En horario de tarde, tamén terá lugar no programa da sala de conferencias

unha presentación dos proxectos da actual convocatoria da Business Factory Aero. Será

de 16:00 a 17:30 horas.


Ademais Sedexpo acollerá un completo programa de exhibicións e demostracións, no que

tamén haberá presenza dos axentes do ecosistema do Polo Aeroespacial de Galicia. Aeromedia realizará demostracións de usos reais de drons multirrotor para emerxencias

con aplicacións en praias, incendios ou vixilancia; e Aerocámaras desenvolverá unha

xornada técnica sobre os drons en situacións de emerxencia e rescate.


A folla de ruta do Polo Aeroespacial

O impulso da industria dos sistemas non tripulados en Galicia vincúlase á mellora da

eficiencia dos servizos públicos. Os drons e tecnoloxías asociadas como a intelixencia

artificial ou o 5G son vectores para mellorar a calidade, o custo e a seguridade de

numerosas actividades da Xunta de Galicia, en ámbitos nos que tamén se atopa o das

emerxencias.


Na nova folla de ruta do Polo Aeroespacial de Galicia ata 2026 está en marcha unha

licitación, na que presentaron propostas 28 empresas e centros de coñecemento, para o

desenvolvemento e adquisición de solucións innovadoras para a mellora dos servizos

públicos de emerxencias e de xestión dos recursos mariños da Xunta de Galicia.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ademais, no marco dos programas de I+D que Airbus, Babcock e Telespazio, novos

socios estratéxicos da Xunta no Polo Aeroespacial de Galicia, van desenvolver ata 2026,

atópanse proxectos como unha pioneira plataforma non tripulada multimisión, que

permitirá realizar distintas operacións cun mesmo dron combinando diferentes tecnoloxías

a bordo; así como tecnoloxías que, baseadas en vehículos non tripulados, dean resposta a

retos da Xunta e doutras Administracións relacionadas coa xestión, vixilancia e

monitorización da biodiversidade, tales como a prevención e loita contra a contaminación

mariña e en humidais, a prevención e loita contra incendios ou a vixilancia do medio

natural costeiro, entre outras.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page