top of page

O IES Pintor Colmeiro xa conta cun Punto Violeta Fixo e un espazo para libros feministas

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A iniciativa do departamento municipal de Igualdade de Silleda estrenouse onte na

sesións dos obradoiros “Eu vou conmigo”, no marco da programación do 25N


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda continuou este luns cos obradoiros de igualdade “Eu vou comigo”, incluídos na programación do 25-N, nos centros educativos do municipio. A Concelleira de Benestar e Igualdade, Ángela Troitiño, visitou ao alumnado de 3ºESO do IES Pintor Colmeiro que participaron na sesión impartida por personal municipal adscrito ao Centro de Información á Muller (CIM).

Nesta xornada estrenouse tamén un Punto Violeta fixo, con material e información sobre igualdade e o recuncho específico con libros feministas, que baixo o lema “As Bolboretas”, no marco da campaña realizada este ano con motivo do 25-N ,pon a disposición do profesorado e alumnos distintos títulos feministas na biblioteca do centro.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

“É importante traballar dende a prevención e con actividades dirixidas á poboación máis nova, para seguir avanzando no plano da igualdade”, remarca a concelleira de Educación e Igualdade, Ángela Troitiño.

0 comentarios

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page