top of page

O IES Pintor Colmeiro acolleu o peche da Ciberliga Nacional de retos e o Ciberespazo da Garda Civil

Laura Moure/Silleda

A concelleira de Educación e Benestar de Silleda, Ángela Troitiño, participou onte no peche da Ciberliga Nacional de retos o no Ciberespazo, que organiza a Garda Civil, no IES Pintor. O Concello de Silleda foi convidado a asistir pola Subdelegación do Goberno, acompañando así á Benemérita e ao alumnado, toda vez que a axenda do subdelegado, Abel Losada, lle impediu asistir ao acto.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Participaron neste certame centros educativos de toda a provincia. Os equipos estaban compostos preferiblemente por 4 estudantes, que disputaron unha fase clasificatoria, que agora conclúe. Os institutos clasificados disputarán unha final nacional.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

A Ciberliga é un formato divertido que complementa tamén as actuacións formativas que se realizan a través do Plan Director en todo tipo de ámbitos, tamén no dos delitos que se cometen a través da Internet. Foi creada no ano 2019 co obxectivo de contribuír ao fortalecemento do ecosistema da ciberseguridade mediante a formación da cidadanía nesta materia.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

Este programa experimentou unha evolución paulatina chegando ao momento actual no que se estrutura en tres modalidades: Amateur dirixida ao estudantado universitario e de Formación Profesional; Profesional dirixida a axencias policiais e do ámbito da defensa así como empresas do sector privado e, finalmente, a modalidade Pre-Amateur.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page