O IES de Melide gaña un dos premios do certame Enreguéifate
- Laura Moure

- hace 2 días
- 3 Min. de lectura
O concurso, promovido polos servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, Arzúa, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo, busca difundir a regueifa
Laura Moure/Melide
A nave da improvisación oral aterra en Pontevedra para entregar os premios da novena edición do certame Enreguéifate. O proxecto, promovido polos servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, Arzúa, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo, busca difundir a regueifa –un claro exemplo de patrimonio inmaterial que continúa a se renovar xeración tras xeración– e fomentar o uso do galego entre a mocidade.

O evento terá lugar este xoves, 16 de abril, ás 11:45 horas no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra, e estará conducido polo mestre e regueifeiro Manolo Maseda; o mestre, escritor e regueifeiro Séchu Sende; e as formadoras do Enreguéifate Josinho da Teixeira, Nuria das Cruces, Xairo d'Herbón, Cristian de Burela, O Rabelo e Manuele Pardo.
A gala contará ademais coas actuacións musicais da Orquestra da Regueifa, formada por alumnado do IES do Milladoiro (Ames), o IES Antonio Fraguas (Santiago de Compostela) e IES Xulián Magariños (Negreira), así como de xmaseda65, artista viveirense pioneiro da nova escena urbana galega.
PUBLICIDADE
O evento contará coa interpretación en lingua de signos a cargo de dúas integrantes da Organización de Diversidade Sensorial de Galicia (XOGA). Asistirán preto de 800 persoas, entre elas, as persoas gañadoras do certame Enreguéifate –que recollerán cadanseu premio–, ademais dunha vintena colexios e institutos de toda Galicia que participaron no proxecto nesta última edición. Tamén estará presente unha representación institucional dos concellos impulsores.
Os vídeos premiados, que poden verse na web do certame ou na canle de Youtube, son:
Categoría xeral:
Regueifa máis brava: Regueifeiras do CIOV - "Saúde e lingua!", de Vigo.
Regueifa máis aguda: Arrieiro e Chaminho -"reguei-FIT-eiros", de Cambre e Malpica.
Regueifa máis diversa: R5 Aeroliñas Regueifeiras - "Viaxes improvisadas", da Escola da Regueifa de Carballo.
Regueifa máis reivindicativa: Reporteiros regueifeiros - "Regueifa informativa", de Pontevedra.
Regueifa mellor cantada: Coros Virxe da Renda e Casa Rosada - "A vida con humor", de Poio.
Regueifa mellor falada: Familia V.A. - "Flores e cores", de Santiago de Compostela.
Regueifa máis inclusiva: Teiseiros regueifeiros - "O home contra a máquina", do Centro de Inclusión Fundación de Santa Cruz en Vigo.
Regueifa máis entroideira: Regueifeirxs do Entroido - "Regueifa do Entroido", de Santiago de Compostela.
PUBLICIDADE
Categoría escolar:
Regueifa máis brava: Os fervellasverzas - "A mocidade anda nas verzas", do CEIP Plurilingüe Nétoma-Razo de Carballo.
Regueifa máis aguda: Astrovacas - "Misión Onomástica", do IES Arcebispo Xelmírez II de Santiago de Compostela.
Regueifa máis diversa: Lopeiros - "Regueifa universal", do CEIP Plurilingüe Lope de Vega de Vigo.
Regueifa máis reivindicativa: Pois Disque Cantamos - "A regueifa é mundial", do IES de Melide.
Regueifa mellor cantada: Regueifando en Dodro - "Antes ou agora?", do CPI Plurilingüe Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro.
Regueifa mellor falada: Regueifeiras da Chá - "Churras, churras, churras!", do IES Basanta Silva de Vilalba.
Regueifa máis inclusiva: As e os regueifeiros do Quiroga, 4º C - "Un día con nós", do CEIP Plurilingüe Cardeal Quiroga Palacios de Santiago de Compostela.
Regueifa máis entroideira: Faísca Bergantiñá - "Duelo de Entroido: Valenza vs. Rececinde", do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco.








Comentarios